Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Miércoles 22.04.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Gente y comunicación| sociedad@elcorreogallego.es

símbolos

A exposición 'Galicia 25' recala no Museo do Pobo

10.03.2009  A mostra itinerante foi ideada polo Consello da Cultura Galega e apoiada por Caixanova

1.0/5 [1 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

EFE • MADRID

O Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, acollerá dende hoxe e ata o 17 de abril a exposición itinerante Galicia 25. Unha cultura para un novo século, ideada polo Consello da Cultura Galega (CCG) e apoiada por Caixanova, ademais de contar co apoio da Xunta de Galicia. Logo do seu paso por Vigo, Pontevedra e Ferrol, a mostra será inaugurada hoxe na capital galega, nun acto ás 20.00 horas, no que participarán o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, o presidente do padroado do Museo do Pobo Galego, Isaac Díaz Pardo, e outras personalidades.

A mostra, que se presenta como "un escaparate da cultura galega", está comisariada por Víctor F. Freixanes, Iago Seara e Henrique Monteagudo. A exposición estrutúrase arredor das denominacións "formas e espazos", "palabras, imaxes e sons" e "fíos e desafíos". Galicia 25. Unha cultura para un novo século aborda temáticas como arquitectura e identidade, cultura ambiental, espazos da comunicación, deseño e industria, historias debuxadas, o valor do patrimonio, a creación, a sociedade do coñecemento, os sons do lugar, o territorio luminoso das palabras, a festa dos máis novos, o libro, imaxes e ficcións, artes escénicas e as diferentes posibilidades e presenzas de Galicia no mundo.

A mostra Galicia 25 formou parte do programa de actos organizados polo Consello da Cultura Galega para conmemorar os seus primeiros vinte e cinco anos. Con anterioridade, a exposición, que viaxará por todas as cidades galegas, puido verse en Vigo, Pontevedra e Ferrol. En Compostela permanecerá ata o vindeiro 17 de abril.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS