Martes 17.06.2008
Hemeroteca web
|
RSS
![]() |
| Marisol López, centro, observa os materiais da nova campaña FOTO: S.X. |
A secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, presentou onte a segunda edición da Xeración E logo!, unha iniciativa encadrada na campaña xeral de promoción da lingua galega que pretende fomentar a transmisión da lingua galega entre pais e nais e os seus bebés.
Logo da boa acollida acadada o ano pasado, desta volta prevese chegar a unhas 15.000 familias cuns materiais que se van distribuír a través da rede de centros do Servizo Galego de Saúde para todas as mulleres embarazadas. Así, a través das xerencias de Atención Primaria distribuiranse estes maletíns nos centros de atención primaria, nos hospitais e centros de orientación familiar. Tamén os centros privados distribuirán os materiais. Na consulta do seu médico, as futuras nais recibirán un maletín con información, consellos para o embarazo, un caderno de xestación, unha escolma de nomes galegos, recitativos para o bebé e un CD, Aloumiños de seda, de Abe Rábade. Ademais, o maletín inclúe un adhesivo deseñado polo debuxante Kiko Da Silva.
"Falarlle galego a un fillo ou a unha filla é axudalo a levar naturalmente a súa cultura, non é privalo de nada, é dotalo de coñecemento para chegar a outras linguas con facilidade", dixo onte Marisol López.
