Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Martes 17.06.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Gente y comunicación| sociedad@elcorreogallego.es

estrea

Ferrín solicita o apoio da Xunta e do Estado ás contas da RAG

09.02.2010  O novo presidente da institución demanda apoio financeiro a través dos orzamentos das dúas administracións // O escritor cifra en 1,2 millóns de euros a contía que asegura a sobrevivencia da Academia

1.9/5 [9 Voto/s]

5
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

E. PRESS • OURENSE

Ferrín, no centro, entre José Luis Baltar, esquerda, e Manuel González, na recepción na Deputación FOTO: Efe
Ferrín, no centro, entre José Luis Baltar, esquerda, e Manuel González, na recepción na Deputación
FOTO: Efe

O novo presidente da Real Academia Galega (RAG), o ourensán Xosé Luis Méndez Ferrín, reivindicou onte o apoio financeiro ás contas da Academia a través da súa inclusión nos orzamentos da Xunta de Galicia e tamén nos Orzamentos Xerais do Estado, xa que "ten dereito a iso e así debera ser".

Tras unha recepción oficial que tivo lugar onte á mañá na Deputación de Ourense, Ferrín equiparou o caso da RAG co da Academia Vasca, que se atopa "economicamente avalada polo Goberno de Euskadi, a Deputación Foral de Navarra, as catro deputacións e o Ministerio de Cultura da República Francesa".

A preguntas dos xornalistas sobre a situación económica da Real Academia e tras o ofrecemento por parte de José Luis Baltar de asinar algún tipo de convenio de tipo económico nun futuro para "avalar o seu labor", Méndez Ferrín afirmou que o "ideal" sería lograr "unha dotación económica máxima", xa que os seus responsables calculan que precisarían de ao redor de " 1,2 millóns de euros anuais". Nesta liña, sinalou que na actualidade teñen que realizar "tarefas permanentes", como a nova edición do seu dicionario, "que é unha tarefa inacabable"; así como "as terminoloxías, continuar coa toponimia e na onomástica persoal". Ferrín recordou que a RAG non dispón de fondos propios e polo tanto está obrigada a "pedir subvencións finalistas",. Así, manifestou que lles vén "moi ben" o "respaldo económico histórico das Deputacións", anque o considerou "insuficiente". Ferrín recordou que na actualidade a Academia galega conta cun total de "28 persoas en nómina" e indicou que ante "os previsibles recortes de subvencións" a institución está "moi apurada", polo que estiman que serían necesarios 1,2 millóns de euros "para sobrevivir".

O DATO

Candidato ao Nobel

··Doutra banda, Baltar mostrou a súa disposición a "apoiar" calquera proposta ou reivindicación para que o presidente da RAG sexa candidato ao Nobel de Literatura .

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS