Miércoles 22.04.2009
Hemeroteca web
|
RSS
O presidente da Fundación Araguaney, Ghaleb Jaber Ibrahim, está esta semana en Tunisia, co gallo da semana que a televisión magrebí Nessma adica a Palestina co título de 'Hope', en representación do festival de cinema árabe que se celebra en Compostela, Amal.
Jaber Ibrahim participará co equipo de Nessma nun programa que reunirá a vintecinco persoeiros do pobo palestino, entre os que se topan tamén Elias Sanbar, embaixador e fundador da revista de estudos palestinos, Leila Khaled, icona da resistencia palestina, o poeta Mourid Barghouti, o cineasta Raed Andoni ou o actor Ali Suleiman.
A programación da semana 'Hope' ten coma obxectivo dar unha visión diferente da actual Palestina. Non se proxectarán imaxes da destrucción e da guerra, senón que se dará unha visión máis positiva: de aí a escolla dos convidados, xentes que aló onde foron obtiveron éxito con traballo e esforzo. Será unha semana na que palestinos do interior e do exterior darán unha visión diferente e de futuro da causa que defenden.
