Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Martes 17.02.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Gente y comunicación| sociedad@elcorreogallego.es

nas ondas

Fica aberto o prazo para o envío de orixinais ao premio Diario Cultural

06.12.2009  Trátase dun certame de teatro radiofónico, promovido pola Radio Galega e o CDG

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN • SANTIAGO

O Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, que promoven a Radio Galega e o Centro Dramático Galego (CDG), publicou a convocatoria da súa cuarta edición, para a que xa está aberto o prazo de presentación de orixinais.

O Premio, único das súas características en Galicia e pioneiro no Estado, mantén así unha traxectoria de catro anos consecutivos e consolídase no seu afán de divulgar a escrita teatral galega, promover o encontro entre a audiencia e o teatro e contribuír á recuperación do formato de teatro na radio desde unha perspectiva contemporánea.

A actual cuarta edición do Premio, que leva o mesmo título que o programa da Radio Galega decano da información cultural en Galicia, desenvolverase ao longo de toda a temporada. O prazo de recepción de orixinais remata o próximo 31 de decembro e, a continuación, constituirase un xurado para a súa avaliación. O ditame está previsto para o 27 de marzo, Día Mundial do Teatro.

O xurado, integrado por profesionais do mundo da escena e da radio, seleccionará -de entre o total de presentadas- as obras finalistas, que serán dramatizadas para a súa emisión por un equipo de actores e actrices coordinados polo CDG. As dramatizacións emitiranse ao longo do mes de marzo nos distintos programas da radio pública galega. Das emitidas, o xurado escollerá a obra premiada finalmente; e a audiencia votará o texto que recibirá o premio do público.

Cada unha das dúas categorías do Premio está dotada economicamente con 3.000 euros e as catro obras finalistas serán publicadas nun libro-cd.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS