Miércoles 22.04.2009
Hemeroteca web
|
RSS
A fin de semana en TVG preséntase do máis interesante no aspecto deportivo. Así, a segunda canle da Televisión de Galicia vai transmitir partidos correspondentes ao Torneo Máster de Tenis de Bilbao, onde participan tenistas como Fernando Verdasco, Tommy Robredo, Juan Carlos Ferrero, David Ferrer, Feliciano Lopez ou mesmo o deportista local Guillermo Olaso, un torneo que a partir do sábado ás 16.30 horas, disputará a primeira das súas súas semifinais deste torneo, que continuarán no transcurso da tarde. A continuación, ás 18.00 horas a G2 transmitirá o prato forte do fútbol sala galego: o partido de rivalidade autonómica entre o Xacobeo Lobelle e o Azkar de Lugo, os dous representantes de Galicia na Liga Nacional de Fútbol Sala. Xa na xornada dominical, como é habitual, o pavillón do Sar vivirá unha das súas xornadas de gala, xa que o Xacobeo Blu:sens Obradoiro recibe ao R. Madrid, na Liga ACB de Baloncesto, encontro que se transmite pola segunda canle de TVG, a partir das 16.30 horas. E pola tarde, tempo para ver a Final do Másters de Tenis de Bilbao, un dos torneos que se está consolidando neste final de temporada.
Por outra banda, o programa Land Rover volve propoñer un novo espectáculo con Roberto Vilar como mestre de cerimonias, terá como convidados a presentadora Silvia Jato, o cantante Alberto Comesaña e o fisioterapeuta e masaxista José Luis Torrado, El Brujo. Para esta décima edición do programa de Land Rober, Roberto Vilar e o seu equipo de humoristas e actores teñen preparadas dúas horas de diversión e entretemento familiar.
Finalmente a análise informativa da semana leva o equipo de Reporteiros a tratar tres bloques temáticos; primeiro pulsar o momento actual polo que atravesa un dos países emerxentes do mundo, Brasil; a visita das obras da Cidade da Cultura, da man do arquitecto Peter Eisenman, e a cifra de vítimas galegas por mor dos accidentes de tráfico, que afecta a 168 familias no que vai de ano.
