Domingo 21.03.2010  | Actualizado 23.36      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
El Correo Gallego
Google
[Noticia 1 de 1] Gente y comunicación| sociedad@elcorreogallego.es  |  RSS - Gente y comunicación RSS

pan e coitelo

Fóra de xogo

12.06.2008

1.0/5 [1 Voto/s]

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter | Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

BIEITO IGLESIAS ESCRITOR E PROFESOR

ai unha miga, no patio do colexio, vin como a rapazada seguía por mensaxes de telemóbil o partido de España contra Rusia. Un deses seareiros cantou un gol de Villa cunha exclamación que mesturaba ironía e amargura: "¡Va ganando España, se acaba el mundo!". Nótase que sucesivos fracasos da "roja" acabaron por instalar no respectable público un sentimento de fatal debacle nacional, como si estivésemos en 1898 e cada derrota balompédica fose unha colonia –Cuba, Puerto Rico, Filipinas- perdida. Malia desenganos tantos, o fervor patriótico agárrase a calquera vitoria por pírrica que sexa, incluso aquí onda nós e a pesar de non figurar ningún galego entre os convocados por Luis Aragonés (Hai un Ricardo Cabanas aliñado con Suíza, pero non creo que Galiza volva polo equipo helvético, como non torceu por Bélxica en Eurovisión cando a representou Verónica Codesal, unha cantora da nosa estirpe). A furia futbolística destes días lévame ao muíño de Vilarchao, que lucía na parede enfariñada e na altura de 1964 un cartel da escuadra conquistadora da taza de Europa. Eu non vira por tv nin escoitara por radio aquel acontecemento –a cobertoira mediática aínda non abducira tódolos ámbitos-, no entanto folgueime na contemplación do póster e memoricei o once: Iríbar, Revilla, Olivella, Calleja; Zoco, Fusté; Amancio, Pereda, Marcelino, Suárez e Lapetra.

O certo é que no fútbol de seleccións o de menos vén sendo o xogo, do que se trata é de soerguer a paletilla dos estados nacionais (Porque as nacións sen estado teñen vedada a participación nestes eventos, se non se chaman Escocia, Gales ou Irlanda do Norte). Coas excepcións de Brasil 70 e da Laranxa Mecánica, ningún combinado nacional competiu en cualidade cos grandes equipos da historia: o Madrid de Di Stefano, o Ajax de Cruyff, o Milán de Van Basten ou o Barça do dream team. O bo catador deste deporte non apreza o xogo de seleccións, un viño apicado polo vinagre do nacionalismo.

Comparte en Comparte en Facebook Comparte en Twitter Comparte en Google Bookmarks Comparte en Live Spaces Chuza esta noticia Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

enviar

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS