Miércoles 22.04.2009
Hemeroteca web
|
RSS
O xurado do premio Rodríguez Peña de Arquitectura, que concede a Fundación Galiza Sempre, recaeu nesta edición en Marcos Álvarez Montes, por unha obra de rehabilitación dunha vivenda unifamiliar en Porto de Bares, no concello de Mañón, da que os autores do ditame subliñaron a súa "calidade e integración no ámbito".
Concretamente, integraron o xurado o presidente da Fundación Galiza Sempre, Xosé Manuel Beiras; o director da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña; unha representación do Museo do Pobo Galego e do Instituto Galego de Vivenda e Solo; o arquitecto Xan Casabella; e a integrante da Real Academia Galega Margarita Ledo. Así, o xurado destacou, así mesmo, a "contribución" que realiza este galardón para a recuperación do patrimonio do país e a súa adaptación aos novos usos, sen que iso signifique "renunciar a actuacións arquitectónicas de calidade". Neste sentido, asegura que, boa proba diso, é o número de candidaturas recibidas nesta segunda edición, que duplicaron as rexistradas na anterior. O premio está dotado con 6.000 euros e coa publicación das obras galardoadas e foi creado en 2007 pola Fundación Galiza Sempre coa colaboración da Consellería de Vivenda. O obxectivo era distinguir os mellores traballos de rehabilitación e recuperación do patrimonio construído en Galicia coa condición de que estivesen acabados nos danos anteriores ao da convocatoria. Así, trátase tamén de recoñecer o compromiso social e profesional de Xosé Henrique Rodríguez Peña, arquitecto e político nacionalista que foi conselleiro de Pesca a finais dos 80 no Goberno tripartito presidido por González Laxar e que volveu ao Parlamento como deputado do BNG por Ourense entre 1993 e 2005, e que faleceu en 2006.
