Domingo 08.02.2009
Hemeroteca web
|
RSS
A Galega foi, o venres pasado, a canle preferida polos espectadores galegos coa emisión da Gala Especial de Alalá, dedicada ao universo das festas e romarías, os lugares, os personaxes e os instrumentos converténdose así no programa máis visto na súa franxa de emisión en Galicia.
Entre as 21.40 e as 00.25 horas que durou a gala que conduciu Pilar García Rego, un 24,6% da audiencia seguiu de media a proposta da Galega. Un total de 630.000 espectadores conectaron, nalgún momento coa emisión, pero o minuto máis visto foi ás 22:49, momento en que o programa mediou un 32,7% de cota de pantalla e 282.000 espectadores de audiencia media.
Cómpre salientar a ampla marxe coa que a TVG superou o resto das canles durante a emisión da gala, sacando así máis de 5 puntos ao programa de Antena 3 Donde estás corazón, en máis de 19 á transmisión do encontro de fútbol Bélxica-Brasil de TVE1, e en máis de 9 á proposta cinematográfica de Tele5.
Ademais ao longo do día a Televisión de Galicia obtivo un 17,7% de cota media de pantalla e foi líder na franxa do prime time (a de maior consumo televisivo), cun 22,4% de share (cota media de pantalla); cifra, en gran medida, acadada polo éxito de audiencia da Gala de Alalá.
Triloxía de acción
A TVG volve ofrecer esta noite tres novos capítulos da serie que estreou a semana pasada Terminator: As crónicas de Sarah Connor, baseada na triloxía cinematográfica Terminator, a serie segue os eventos ao final de Terminator 2, O Xuízo Final.
Sarah e John considéranse fuxitivos da lei, descobren novos inimigos tanto do presente coma do futuro. Sarah deixa de agocharse e pasa á ofensiva contra a tecnoloxía que busca destruíla a ela e ao mundo.
Gastronomía da boa e saúde, en directo
Hoxe, as cámaras do programa, que presenta Xesús Peleteiro, A revista, viaxarán ata o restaurante Casa Ces, en San Salvador de Poio. Este establecemento están exaltando o bacallau cunhas xornadas gastronómicas. A outra conexión do día será desde A Coruña onde estes días está instalada a carpa Pasea a túa saúde; unha iniciativa da Dirección Xeral de Saúde Pública .
