Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Martes 14.04.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Gente y comunicación| sociedad@elcorreogallego.es

formas

Galicia Calidade impulsa o novo anuario de 'Creatividade galega'

21.01.2009  As obras incluídas neste volume, que foi presentado onte en Santiago por Ignacio Louzao, pertencen a oitenta axencias, cinco escolas de arte e dúas facultades

3.0/5 [10 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

AGN • SANTIAGO

O xerente de Galicia Calidade, Ignacio Louzao, presentou onte en Compostela a terceira edición do anuario Creatividade Galega. Esta publicación recolle máis dun milleiro de traballos desenvolvidos ao longo do ano pasado por máis de 80 das mellores axencias de publicidade galegas así como das escolas de deseño e facultades do gremio.

No acto, ao que asistiron representantes das empresas participantes no anuario, estiveron presentes tamén os seus autores, os investigadores e profesores da Universidade de Vigo Eva Quintas, Chechu Pérez e Alberto Dafonte.

Segundo indicou Xabier Ignacio Louzao, esta publicación nace coa idea de darlles visibilidade aos creadores galegos, nun momento no que o seu traballo está sendo recoñecido tanto en Galicia como no resto de España. Louzao destacou a importancia que ten para as empresas galegas posicionar os seus produtos nos mercados exteriores e ir así confeccionando un tecido no que a industria, baseada no desenvolvemento e na innovación, sexa un piar fundamental na economía do noso país.

Ademais, sinalou, que nunha época de globalización e internacionalización é preciso reforzar e reafirmar os nosos valores como país, a imaxe de marca de Galicia. Pola súa banda, Chechu Pérez, un dos autores do libro, destacou o aumento que cada ano vai tendo esta publicación, tanto no número de traballos enviados como tamén na presenza definitiva no catálogo.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS