Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Martes 17.06.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Gente y comunicación| sociedad@elcorreogallego.es

PUBLICACIÓN

O gran divulgador do paisaxismo galego

18.12.2009  O volume de Teófilo edicións descobre dun xeito orixinal a fisonomía da capital da comarca de Arousa

5.0/5 [1 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN • SANTIAGO

Francisco Javier Río Barja foi cualificado en máis dunha ocasión como o mellor coñecedor da paisaxe galega. Licenciado en Filosofía e Letras e Doutor en Xeografía pola Universidade de Madrid, foi catedrático desta disciplina na Escola de Maxisterio de Santiago de Compostela e director do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento. Pertenece á Real Academia Galega de Ciencias e ó Consello da Cultura Galega.

Entre as súas numerosas publicacións, foi coordinador e participou activamente nun proxecto Galicia Geografía Editado por Hércules en cinco tomos. Tamén é coautor xunto a Francisco Rodríguez Lestegás, supervisor editorial do Dicionario Xeografico Ilustrado de Galicia, do manual Os ríos galegos.

Ó longo da súa vida, Francisco Javier Río Barja recibiu numerosas distincións e recoñecementos polo seu traballo no campo da xeografía. Destacan entre eles a Medalla Castelao o Premio das Artes e das Letras (2001); Premio Xunta de Galicia á Investigación, o Pedrón de Ouro en 2007. Entre as súas publicacións destacan o Mapa en relevo de Galicia 1.100.000; Bibliografía das xeografías; Cartografía xurisdicional de Galicia no século XVIII; e Galicia, esa descoñecida.

O traballo de campo por Galicia adiante cos máis pequenos foi outra das facetas que Río Barja levou a cabo en boa parte da súa traxectoria. O profesor está convencido de que a xeografía non se aprende nos libros senón percorrendo Galicia "pouco a pouco e facendo mapas. Eran experiencias extraordinarias." afirma.

O novo libro de fotografías 'Boas noites, Vilagarcía' presentarase mañá, sábado

O auditorio de Vilagarcía de Arousa acollerá maña, sábado, ás 20.30 horas o acto de presentación do libro Boas Noites Vilagarcía editado por Teófilo edicions no que se ofrece un orixinal percorrido fotográfico pola fisonomía da vila e que permite descubrir unha nova perspectiva que só pode ofrecer a noite.

Seguindo a estela fixada por outros volumes como a recente edición que percorría o Ourense nocturno, Boas noites Vilagarcía presenta arredor dun cento de instantáneas que se inspiran en luces e en sons nocturnos para convidarnos a viaxar polo rueiro vilagarcián e mergullarnos, a través del, tanto no patrimonio como na propia historia da localidade.

No acto de presentación estará o presidente da Deputación provincial de Pontevedra, Rafael Louzán e o vicepresidente, José Juan Durán e a alcadesa de Vilagarcía, Dolores García e o editor da publicación Jose Luis Teófilo. A editorial destinará parte dos beneficios Proxecto Home no marco da política de responsabilidade social corporativa.

 

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS