Martes 17.02.2009
Hemeroteca web
|
RSS
![]() |
| Guillerme Fernández, esquerda, Guadi Galego e Uxía, onte na presentación de ‘Benzón’ FOTO: Fernando Blanco |
"A imaxe de Benzón son os ceos galegos coas súas cores, porque non teñen fronteiras como lle pasa á música. Esa é a universalidade de Benzón". Deste xeito, definiu onte Guadi Galego o seu último traballo discográfico. Unha fusión conceptual de trece temas tradicionais e de autor que xorden pola necesidade de revisar a música tradicional. "Pareceume interesante darlle un tratamento plural e non coartar a ninguén". A artista cedeirense, militante do mar do norte, presentaba onte baixo estas premisas o seu terceiro álbum, cuxo título busca dar un agradecemento a esa música tradicional que "segue viva".
Guadi Galego manifestou que este álbum non ten que ver cos seus traballos anteriores -Espido e Nordestinas- pero que non cré que se trate dun momento especial na súa carreira musical. Mostrouse enormemente satisfeita cos resultados acadados na unión dos estilos que van desde o folk ao jazz pasando polo pop coa poderosa aportación de intérpretes da talla de Fran Pérez, Pedro Lamas, Pedro e Pablo Pascual, Guillerme Fernández, Xavier Díaz, Germán Díaz e Odaiko, arranxando melodías tradicionais co engado musical de Leilía, Abe Rábade, Santi e Uxía Cribeiro, Quim Fariña, Marcos Vázquez, Suso Iglesias, Sergio Sieiro, Xacobe Martínez e Leandro Deltell.
Uxía Senlle, unha das 25 personas que traballaron neste proxecto e tamén presente no acto destacou o eclecticismo desta creadora "cando a escoitei por primeira vez díxome o meu instinto que nada volvería a ser igual na música galega",
Guillerme Fernández subliñou que Guadi Galego boutou man de oito músicos para traballar en Benzón. Destacou que o amplo número de rexistros obtido e, en contra do que podría parecer, un dos maiores atractivos deste novo álbum. En opinión do músico, que xa acompañou á intérprete cedeirense no anterior traballo Espido, é Guadi a que imprime o seu carácter único que evita os posibles sobresaltos entre os distintos ambientes. Guadi destacou que Benzón é un traballo do que só se poderá disfrutar coa súa escoita "unha e outra vez" porque non haberá concertos en directo. "Para min non tiña sentido levalo ao directo porque non íamos estar todos."
Trece temas que son trece universos
Uxía tivo palabras de eloxio para Guadi Galego como un dos referentes actuais da música galega. Apuntou que este novo disco Benzón chega con trece temas distintos que equivalen a outros tantos universos diferentes co nexo de unión da súa voz o respeto á musica tradicional .
