Jueves 26.02.2009
Hemeroteca web
|
RSS
A Diócese de Mondoñedo-Ferrol remataba o seu comunicado de onte manifestando "o noso pesar por unha situación que causa tanta dor, así tamén polo desconcerto que está provocando na comunidade cristiana". Pero Victorino Pérez Prieto, doutor en Teoloxía, só ten boas palabras para Monge e Barrio.
– ¿Que sentiu ante o comunicado do bispo Sánchez Monge?
– Atópome moi ben e levei o día con moita paz. Só estou preocupado pola miña comunidade. Non quero polemizar nen co bispo de Mondoñedo, nen co de Santiago. O trato con eles sempre foi correcto. Pero as peores reaccións veñen dos grupos fascistas e ultras, que se adican a molestar ós bispos. Os que realmente causan problemas á Igrexa son os máis papistas que o Papa, non os chamados progres.
– Pero vostede reitera que oficia misas...
– Non quero contradecir a ninguén, nen andar molestando. Pero eu serei sacerdote para sempre. Recoñezo que dou misa. Pero insisto na miña mensaxe de paz, non quero nengún tipo de confrontacións. Os membros do grupo Home Novo queremos que nos deixen con tranquilidade. Por celebrar unha misa non lle quitamos nada a ninguén.
– ¿Como é o seu trato cos bispos de Mondoñedo-Ferrol e de Santiago?
– Insisto en que non quero polémicas con Monge ou Barrio. Sempre tiven con eles unha relación correcta. Mentiría se dixera o contrario. Aunque tamén hai meses que non falo con eles. Non busco desafíos, son unha persona pacífica. E non quero que se me vincule só con este tema.
– Porque vostede tamén imparte clases na universidade.
– Quero seguir con ese traballo intelectual como teólogo e tamén coa comunidade Home Novo. O servizo que fago de misa é gratuito e porque mo pediron n
