Jueves 26.02.2009
Hemeroteca web
|
RSS
![]() |
| O conselleiro de Cultura, no centro, onte na homenaxe a Brañas |
O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, asegurou onte que a preocupación de Alfredo Brañas polas necesidades e o progreso de Galicia, "a súa mirada permanente á sociedade e as súas múltiples contribucións fan deste carballés, deste galego, un referente esencial, capaz de conciliar o compromiso de todo o pobo galego co noso país".
No acto de homenaxe do 150 aniversario do nacemento de Alfredo Brañas, organizado polo Concello de Carballo, o titular de Cultura e Turismo sinalou o escritor como un "home de pensamento e de ideas, pero tamén de acción e conexión coa realidade". No mesmo lugar en que o presidente Feijóo lles pediu a todos os Galegos Ilustres que "alumeen desde o firmamento o noso proceder no novo executivo", Roberto Varela desexou tamén que "testemuñen o noso inquebrantable compromiso con Galicia".
