Domingo 09.03.2008
Hemeroteca web
|
RSS
![]() |
| Perspectiva do interior do Teatro Rosalía que onte rexistrou un cheo absoluto FOTO: almara |
O Teatro Rosalía de Castro acolleu onte unha homenaxe ao escritor Manuel María, na que centros de persoas ateigaron o recinto nun acto que pretendía servir de recoñecemento a un "coruñés de adopción". A homenaxe, baixo o título Versos para sempre cantar e tivo entrada de balde e quixo ser un recoñecemento ao seu legado, entre o que atopan máis de 60 obras poéticas, seis obras narrativas, sete obras dramáticas e numerosos artigos. O acto comezou coa proxección dun audiovisual no que se fixo un percorrido pola biografía do que fora colaborador de EL CORREO GALLEGO e continuará cun recital de poemas a cargo de Doures Tembrás e Santiago Fernández.
Posteriormente, representarase Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela a cargo de María Inés Cuadrado, coa música de Nani García, interpretada por Xerión.
