Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Jueves 26.02.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Gente y comunicación| sociedad@elcorreogallego.es

cita en santiago

I+dea analiza as axudas públicas para a innovación audiovisual

17.02.2009  Responsables dos programas de I+D+i ofreceron información sobre a convocatoria de subvencións // Salustiano Mato destaca a mellora do Plan Incite

5.0/5 [1 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN • SANTIAGO

O director xeral de I+D+i, Salustiano Mato, esquerda, e o presidente da Plataforma i+dea, Antón Reixa
O director xeral de I+D+i, Salustiano Mato, esquerda, e o presidente da Plataforma i+dea, Antón Reixa

A secretaría técnica da Plataforma Tecnolóxica Audiovisual Galega, i+dea, que ostenta o CLAG, reuniu onte en Santiago a responsables dos programas de axudas á I+D+i das administracións autonómica e central, nun acto orientado a que os membros coñezan a convocatoria de axudas no marco da innovación para este ano 2009. Na sesión, presidida polo director xeral de I+D+i, Salustiano Mato, e o presidente da plataforma, Antón Reixa, participaron representantes da Consellería de Innovación e dos ministerios de Industria e Ciencia e Innovación.

Salustiano Mato, que chamou a atención sobre a relevancia que cobra a innovación nos momentos de crise, sinalou na presentación do acto que o Plan Incite mellora na convocatoria deste ano, tanto no seu presuposto, como nas modalidades previstas, con programas específicos para o desenvolvemento tecnolóxico da industria audiovisual. A finalidade na convocatoria é, explicou, atender o maior número posible de proxectos viables, para maximizar os resultados do programa, que cualificou como "fiestras de oportunidade".

Pola súa banda, Antón Reixa incidiu tamén sobre o carácter determinante da innovación empresarial na actual conxuntura de crise, considerándoa "un valor estratéxico como factor de competencia". Amais, o presidente da Plataforma i+dea, apuntou a necesidade de reformular "os sistemas tradicionais de produción e explotación de contidos" e aludiu á industria audiovisual galega como "sobrada de talento creativo e cun incansable espírito emprendedor". Estas circunstancias fan posible que a plataforma lidere o cambio do sector audiovisual ao contexto dixital "da man de fabricantes de hardware, profesionais do sector TIC, operadores de telecomunicacións e investigadores".

Tendo en conta o perfil da industria audiovisual galega, a adaptación ao contexto dixital é importante, sobre todo, tal e como suliñou Reixa, para as pequenas e medianas empresas galegas de contidos, polo que tendo en conta a súa dimensión, é preciso apostar por proxectos en cooperación para conseguir en Galicia "unha industria de contidos dixitais sólida e cunha clara ambición internacional". Pediu que a Administración manteña o seu apoio ao sector, que debe ser recoñecido como un dos principais axentes para fortalecer a Sociedade da Información.

O DATO

Participantes

Á xornada asistiron preto de medio cento de representantes das diferentes entidades integrantes da Plataforma Tecnolóxica Audiovisual Galega e empresas galegas do sector TIC e audiovisual .

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS