Martes 17.06.2008
Hemeroteca web
|
RSS
"Se un mecenas axuda a un artista que necesita diñeiro (para mercar ferramentas, tempo, comida), o mecenas iguálase entón ao artista; introduce arte no mundo; crea". Foi o ensaísta e poeta norteamericano Ezra Pound (malia as súas veleidades políticas), un dos que mellor definiu o concepto do mecenado que naceu, di a historia, con Caio Clinio Mecenas, quen durante o mandato do emperador Augusto tutelou artistas tan significados como o foron Virxilio e mais Horacio.
Introducir arte (xa sexa pintura, música, escultura ou novas tecnoloxías), ampliar as áreas do saber (participando en todo tipo de iniciativas) e, moi especialmente, axudar os mozos galegos (coas bolsas máis cobizadas) a ampliar coñecementos en todo o mundo son piares de Caixa Galicia que, da man da súa Fundación, cumpre 20 anos consolidada como a terceira obra social en importancia de España, só superada por La Caixa catalá e por Cajamadrid. Falamos de palabras maiores.
E se miramos na Antiga Roma xusto é darlle ao César o que é do César e recordar que o impulsor destas dúas décadas de patrocinio, de mecenazgo, a argamasa que une tan marabilloso proxecto, é José Luis Méndez a persoa que impulsou un proxecto decidido a devolverlle a Galicia unha boa parte do que a caixa que dirixe recibía dos cidadáns.
É o director xeral de Caixa Galicia un humanista metido a financeiro que soubo, coma poucos, conxugar actividades tan dispares como pilotar unha sólida nave económica e investir en obra social, e cultural, en I+D+i e en tutelar os talentos que ían saíndo na nosa terra. É José Luis Méndez ese mecenas que, como dicía Pound, introduce arte no mundo, crea, enche Galicia de acción social. Sempre pensando na súa terra, sempre con visión de futuro. E dende agora con máis forza ca nunca.
