Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Jueves 26.02.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Gente y comunicación| sociedad@elcorreogallego.es

patrimonio

O legado de Marinhas del Valle intégrase na Biblioteca Nacional

02.12.2008  Cultura inaugura a Galería de Bibliotecas de Especial Interese cunha importante doazón do escritor coruñés // O fondo componse de máis de mil obras de clásicos galegos e internacionais, inéditos ou pouco coñecidos

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

E.P. • A CORUÑA

Un momento do acto celebrado onte na Casa Casares Quiroga FOTO: M.Pérez
Un momento do acto celebrado onte na Casa Casares Quiroga
FOTO: M.Pérez

A conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, inaugurou onte á mañá a Galería de Bibliotecas de Especial Interese da Biblioteca Nacional de Galicia, cunha doazón da familia do escritor coruñés Jenaro Marinhas del Valle, que se exporá na Casa Casares Quiroga da Coruña.

Bugallo e a familia do escritor galego participaron onte á mañá na presentación pública desta doazón, que coincide co centenario do seu nacemento, e que ocupará "un lugar privilexiado" na Galería de Bibliotecas, xunto con outros creadores e persoas que dedicaron a súa vida a un labor de creación intensa "de dignificación e compromiso profundo co seu país e a cultura".

Pola súa parte, a concelleira de Cultura do Concello da Coruña, María Xosé Bravo, celebrou que a familia se decidira a doar os artigos de Marinhas, porque conformarán unha mostra "que intenta recoller un achegamento especial á vida dun home comprometido coa lingua e a cultura e con Galicia" e que se exporá dende mañá e durante o mes de decembro na cidade herculina.

Pola súa banda, un dos sobriños do escritor, Pablo González Marinhas, considerou unha "gran honra e unha brillante idea" a decisión de crear estas bibliotecas, aínda que recoñeceu que, nun primeiro momento, á familia lle custou doar a biblioteca "porque era o fío de unión con Jenaro". "Finalmente, decatámonos de que era un home xeneroso e moi querido, e nós non podiamos ser egoístas", apuntou. Neste sentido, celebrou que esta doazón, xunto coas doutros autores, "contribuirá a nutrir as xeracións futuras no amor ao patrimonio cultural galego". Ante isto, a titular de Cultura engadiu que "ese fío" que antes unía o autor coa súa familia "agora unirá o autor con todos os galegos e visitantes da súa obra".

Esta biblioteca persoal de Jenaro Marinhas componse de máis de 2.000 obras impresas e está especializada en literatura, poesía, filosofía, filoloxía, historia, ensaio e teatro. Ademais, conta con coleccións de revistas e xornais galegos.

En total, hai uns 1.200 títulos, en galego e español. O avó e tataravó de Marinhas del Valle iniciaron a colección de obras editadas nos séculos XVII e XVIII e a comezos do XIX. En español, destacan edicións moi antigas de Valle Inclán, Azorín, Unamuno, Kant, Leibniz, Freud e Oscar Wilde. Ademais, conta con obras teatrais de autores europeos como Ionescu, Pirandello e Artaud; e con pezas de existencialismo, como a edición de antigas obras de Camus e Sartre.

Entre os títulos en galego figura o facsímile de Cantigas de Santa María, dicionarios e coleccións de arte e historia. Destaca unha sección de Portugal e Brasil composta por máis de mil obras, con clásicos como Gil Vicente e autores como Antero de Quental, Pessoa, Almeida Garret e Castelo Branco.

LUSOFONÍA

Cantos na Maré, en Pontevedra

O Festival Internacional da Lusofonía Cantos na Maré levará ao Pazo da Cultura de Pontevedra o día 13 de decembro un espectáculo musical baseado na investigación e no enriquecemento mutuo entre Galicia e países de fala portuguesa. Nesta edición, baixo a dirección artística de Uxía e baixo a dirección musical de Paulo Borges, participarán o brasileiro Paulinho Moska, a caboverdiana Sara Tavares, o angolano Waldemar Bastos, o portugués Sérgio Godinho e o galego Xabier Díaz. Este ano, o espectáculo centrarase na reivindicación das grandes composicións musicais nos territorios lusófonos. Cantos na maré é unha festival patrocinado pola Consellería de Cultura e polo Concello de Pontevedra. Máis información no portal web www.cantosnamare.org .

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS