Jueves 26.02.2009
Hemeroteca web
|
RSS
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) porá marcha este xoves o ciclo de concertos ST Música Presente, que levará nunha primeira fase a seis grupos e artistas galegos ao Salón Teatro de Santiago para realizar a presentación dos seus traballos como "plataforma" de lanzamento para a súa promoción, segundo sinalou o director de Agadic, Juan Carlos Fernández Fasero. O primeiro ciclo de ST Música Presente iniciarase este xoves 18 ás 20.30 horas cun concerto da banda de música tradicional Linho do Cuco, que presentará o seu último álbum 3, editado tras 15 anos de traxectoria .
