Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Jueves 26.02.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Gente y comunicación| sociedad@elcorreogallego.es

irmandade

Lombao presenta Brasil como nova terra de promisión para os galegos

01.11.2008  O escritor e xornalista lugués, actual director do Instituto Cervantes en Brasilia, anima a empresas e creadores a participar na eclosión da realidade brasileira // "Necesítanse trinta mil profesores de español", sinalou

2.4/5 [7 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN • SANTIAGO

Fernando Salgado, Manuel Lombao e Carmen Carballo, onte na conferencia no Club Internacional de Prensa FOTO: XELA CUÑARRO
Fernando Salgado, Manuel Lombao e Carmen Carballo, onte na conferencia no Club Internacional de Prensa
FOTO: XELA CUÑARRO

Manuel Lombao, escritor e xornalista lugués, chegouse onte ao Club Internacional de Prensa de Santiago como novo director do Instituto Cervantes de Brasilia, cargo que ocupa desde hai dous meses. Presentado polo secretario xeral de Comunicación, Fernando Salgado, Manuel Lombao, un dos nomes históricos de Televisión Española, animou onte "como galego" a "coller o tren e pensar en Brasil como unha saída non só para profesionais da lingua ou xente universitaria senón tamén para empresas ou creadores...". Lombao enmarcou tal chamamento nos esforzos que está a facer o goberno de Lula da Silva pola difusión da lingua española no país lusófono. "Necesítanse 30.000 profesores de español", sinalaba onte Lombao que non dubidou en presentar a "nación irmá" brasileira como "unha especie de terra prometida para o español e para o galego", se ben admitiu que a forte demanda que hai das aulas de lingua castelá couta, dalgunha maneira, as expectativas da lingua galega nos centros do Instituto Cervantes, un total de nove sedes abertas actualmente no gran país sudamericano.

Lombao debullou as funcións que cumpre o Instituto Cervantes en Brasil: cursos normais, cursos especiais e exames do DELE (Diploma do Español como Lingua Estranxeira), que é o título oficial que outorga o Instituo Cervantes para acreditar o coñecemento do castelán. Ademais, o instituto español tamén se implica na formación de profesorado.

Manuel Lombao incidiu, durante a súa intervención, na importancia de "subir ao tren do español e que o galego e os galegos teñen presenza en Brasil". O escritor pechou a súa intervención lembrando unha frase do lingüista de Henrique Monteagudo, na que lle pedía a Brasil que deixara de pensar Galicia "como escuro recanto de España" e que a pensara como "unha ponte entre as dúas beiras do Oceáno".

 

NO RECORDO

Tributo de palabras a Ramiro Fonte

O finado poeta Ramiro Fonte estivo onte moi presente na intervención de Manuel Lombao, pois ao recentemente falecido escritor, e aos seus esforzos por tender pontes entre Galicia e Portugal desde o Instituto Cervantes de Lisboa, se lle dedicou a conferencia do Club Internacional de Prensa de Santiago.

Tamén onte se facía público que José María Martín Valenzuela volverá ser director do centro lisboeta, sucedendo a Fonte no cargo. Martín Valenzuela (Bollullos del Condado, Huelva, 1948) é licenciado en Lingüística Hispánica e en Literaturas Hispánicas. Ocupou a dirección do centro portugués entre 1997 e 2000, e con anterioridade dirixiu tamén os institutos Cervantes de Rabat e de Fes (Marrocos). Ocupou diversos cargos de responsabilidade no Cervantes, entre outros, a dirección da Área de Diplomas e Xestión Exterior (2004-2006) e a subdirección académica (2001-2004), dirixiu a División Internacional da Fundación EOI, Escola de Negocios. Desde 2007 era vogal asesor do Gabinete da ministra de Educación, Política Social e Deporte .

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS