Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Jueves 26.02.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Gente y comunicación| sociedad@elcorreogallego.es

pan e coitelo

Lúa prateada

25.09.2008 

2.7/5 [6 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

BIEITO IGLESIAS ESCRITOR E PROFESOR

Baixando cervexa leve e altramuces, no aire morno da noite sevillana que aloumiña a praza do Pumarejo, fiquei sabendo que os obradoiros literarios teñen grande suceso. Cóntame un escritor local que se move moito diñeiro nese chope por causa dun andazo estraño, cuxo síntoma se manifesta como universal e ardente desexo de escribir. Todo quisque quere ser escritor, non tanto polo pracer obtido coa escrita, como por asomar nos programas de libros de televisión, por proferir palestras e estampar autógrafos nas feiras. Para dicir toda a verdade, anda polo medio desta repentina vocación un pruído erótico sofisticado que espíritos máis bastos aplacan nas citas a cegas da internet. O propio autor que me confidencia as oportunidades de negocio no sector, leva recrutado varias noivas nos cursos que imparte valéndose do anzol literario, seica irresistible para un certo tipo de libidos románticos. E iso malia a dura competencia cos cursiños acelerados de baile flamengo, anunciados en cartaces por tódalas esquinas do barrio da Macarena.

No baixo da casa da miña filla, hai unha academia que ensina a bailar tientos estes días, levantando non poucas queixas dos viciños fartos de importunos taconeos. Por contra, no mesmo andar da morada da miña nena vive Maki Yokota, chegada do imperio do sol nacente para mergullarse na danza andaluza. É bailadeira consumada pero apenas arma barullo, porque os orientais son capaces de executar o garrotín levitando. A presenza de xaponeses no entorno do flamengo aumenta a cada paso, ameaza incluso con quitar do poxo aos que historicamente monopolizan os tablaos. Disque os nipóns, afeitos a unha cultura represora de toda efusión, atopan no quejío a saída das paixóns encoradas.

O quejío e a pena (lorquiana por suposto) duran pouco en Andalucía, onde se rende culto á alegría sen sombra.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS