Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Sábado 07.02.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Gente y comunicación| sociedad@elcorreogallego.es

BALANCE

Máis de trinta mil espectadores avalaron a temporada do CDG

02.08.2008  Os tres espectáculos de produción propia do Centro Dramático Galego acadaron as 139 funcións en varios escenarios de dentro e fóra de Galicia // Preto de doce mil persoas asistiron ás actividades programadas no Salón Teatro

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN • SANTIAGO

O Centro Dramático Galego (CDG) conclúe a súa temporada 2007-2008 confirmando o apoio do público á súa actividade de produción propia, que congregou un total de 30.142 espectadores nos seus tres últimos espectáculos: Noite de Reis. Ou o que queirades, Valdemuller e Estigma. A compañía pública ofreceu 139 funcións destas montaxes en diferentes escenarios dentro e fóra de Galicia, visitando destacados encontros escénicos como o Festival de Teatro Clásico de Almagro, o Festival Fazer a Festa de Porto e a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia.

Esta importante resposta por parte do público trasladouse igualmente á programación do Salón Teatro de Santiago, espazo xestionado polo CDG, polo que pasaron un total de 11.815 espectadores para asistir ás 95 funcións ofrecidas neste mesmo período por 31 formacións artísticas.

Localidades esgotadas

Noite de Reis. Ou o que queirades, a versión da comedia de Shakespeare asinada e dirixida por Quico Cadaval, inaugurou e pechou a temporada coa súa estrea o 28 de setembro no Salón Teatro e a súa reposición a pasada semana neste mesmo escenario. En ambos os casos, foi necesario colgar o cartel de localidades esgotadas en diferentes ocasións. En total, 17.686 persoas gozaron desta obra de ambientación mediterránea nas 48 funcións ofrecidas en 12 localidades galegas, ademais de nas catro representacións que protagonizou fóra de Galicia: unha no Teatro Circo de Braga e tres no Festival de Teatro Clásico de Almagro.

O éxito deste espectáculo quedou reflectido, así mesmo, en galardóns como os Premios María Casares 2007 ao Mellor Espectáculo, Mellor Dirección, Mellor Actor Secundario (Xan Cejudo), Mellor Escenografía (Baltasar Patiño) e Mellor Vestiario (Gilda Bonpresa); co Premio do Público no Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, e co Premio á Mellor Obra Teatral 2007 do semanario Santiago Siete, concedido a partir dunha enquisa realizada entre os seus lectores.

Na súa segunda produción da temporada, Valdemuller, o CDG apostou polo teatro de obxectos a través dunha montaxe especialmente pensada para o público infantil e xuvenil. O arxentino Pablo Vergne dirixiu este espectáculo, segundo a creación colectiva realizada a partir da novela de Xosé A. Neira Cruz, que congregou un total de 7.958 espectadores en 59 funcións durante tres meses.

A clave

A clausura, coa obra 'Estigma'

O CDG concluía o seu plan de produción 2007-2008 coa estrea o pasado 2 de maio no Salón Teatro de Estigma, resultado do proxecto de dramaturxia residente DramA3 no que interviñeron Jacobo Paz, Vanesa Sotelo e Rubén Ruibal, último Premio Nacional de Literatura Dramática .

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS