Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Jueves 26.02.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Gente y comunicación| sociedad@elcorreogallego.es

proxecto editorial de EL CORREO

Marina Salgueiro: "O dicionario xeográfico terá gran eco nos centros escolares"

17.12.2009  A coordinadora da edición destacou a proxección dunha obra destinada "ó gran público" // Dixo que se trata dunha iniciativa pioneira que pon ao alcance do público dun xeito simple pero exhaustivo os seus contidos

3.0/5 [1 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN • SANTIAGO

Marina Salgueiro, coordinadora da obra, con algúns dos tomos do dicionario xeográfico de Galicia
Marina Salgueiro, coordinadora da obra, con algúns dos tomos do dicionario xeográfico de Galicia

O Dicionario Xeográfico Ilustrado de Galicia foi cualificado onte pola coordinadora da edición, Marina Salgueiro como o primeiro gran proxecto editorial deste século XXI. Respecto desta iniciativa que sairá as rúas xunto a EL CORREO GALLEGO e Galicia Hoxe o próximo día 20, Salgueiro resaltou que estea escrita ó cen por cento en lingua galega o que supón un feito diferenciador, que se vincula á enorme exhaustividade dos estudos deste novo material de consulta, unha obra de referencia, dirixida polo prestixioso profesor Francisco Javier Río Barja e elaborada por destacados especialistas na materia.

A coordinadora desta publicación, que foi levada a cabo durante o último ano e medio, fixo especial fincapé, en primeiro lugar, en que se trata dunha obra "clasificada por orde alfabética" e, por outra banda en que terá unha especial utilidade para os centros escolares "desde as escolas até as universidades" para materias como coñecemento do medio como material de consulta. Salgueiro deixou claro que, pola súa estrutura, o dicionario non está destinado para estudosos senón "para o gran público".

Sistematización

Neste sentido, engadiu que o equipo redactor tentou dende o primeiro momento como un dos seus primeiros obxectivos facer unha sistematización entre os contidos e as novas tecnoloxías , acadando como resultado un produto que permite colocar este dicionario como unha obra da vangarda no coñecemento desta disciplina.

Marina Salgueiro fixo referencia así mesmo ó amplo elenco de colaboradores que forman parte desta obra, que xorde como un proxecto novidoso "entre a didáctica e unha formulación empresarial absolutamente pioneira" e descoñecido até o de agora. O Dicionario Xeográfico Ilustrado de Galicia irá acompañado dun complemento extraordinario que tamén foi destacado por Marina Salgueiro, responsable desta nova edición: o gran mapa, de 1,30 por 1,40 metros que tenta recoller todo o contido da obra dun xeito gráfico. Trátase dun documento do século XXI coa cartografía máis moderna completa e actualizada que se repartirá de balde coa adquisición do primeiro tomo da nova obra.

La clave

A 9,95 euros desde o domingo, día 20

·· O Dicionario Xeográfico Ilustrado de Galicia consta de 28 tomos, máis de 10.000 fotografías e 50.000 entradas cun formato de 17x24 centímetros, que sairán desde este domingo, día 20 a un prezo de 9,95 euros xunto aos xornais EL CORREO e Galicia Hoxe .

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS