Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Martes 17.06.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Gente y comunicación| sociedad@elcorreogallego.es

asemblea xeral

A Mesa advírtelle ao PPdeG do risco de "confrontación social" en política lingüística

29.03.2009  Carlos Callón foi reelixido no seu cargo // Avelino Pousa Antelo foi nomeado "por unanimidade" presidente de honra da agrupación

2.2/5 [49 Voto/s]

19
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

EUROPA PRESS • SANTIAGO

A Mesa pola Normalización Lingüística clausurou onte a súa Asemblea xeral con advertencias ao PPdeG do "perigo de confrontación social" que supoñen os seus anuncios en materia de política lingüística, e chamou "a todos os galegos" a manifestarse "polo dereito ao galego" o próximo maio, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas.

Segundo explicou a Europa Press o presidente da asociación, Carlos Callón, as declaracións "de quen vai ostentar a Presidencia da Xunta" -en referencia ao líder dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo- non son máis que "mentira" e "demagoxia", polo que "ofenden a grande parte da poboación galega".

"Di que vai gobernar para todos, pero logo anuncia unha lexislación que pretende discriminar aos galegoparlantes", asegurou. Na súa opinión, Feijóo pretende gobernar "sen escoitar o país" e derrogar leis "que se aprobaron por consenso".

Ademais, na xornada de onte, os membros da asociación reelixiron a todos os cargos da Permanente, órgano de dirección da Mesa, de forma que Callón seguirá sendo o máximo dirixente os próximos tres anos.

Pola súa parte, Fran Rei e Iria Taibo seguirán ocupando os postos de vicepresidente e secretaria, respectivamente. Estes son os tres principais órganos unipersonais da agrupación.

Presidente de honra

Así mesmo, a asemblea decidiu "por unanimidade" o nomeamento do histórico do galeguismo Avelino Pousa Antelo como presidente de honra da agrupación. "Aos seus 94, case 95 anos, sempre está nos actos", resaltou Callón, e incidiu no "vínculo entre xeracións" que supón a súa presenza na Mesa.

Respecto a "outro dos puntos principais da asemblea", os membros da Mesa formularon "a introdución de melloras en canto ao debate interno", indicou, co que buscan unha "maior corresponsabilidade dos grupos de base".

Nesta dirección, destacou que a asociación reorientará a súa actividade cara aos "actos de rúa", fronte ao "novo panorama político" que vive Galicia.

Desta forma, de aquí ao día 17 -cando está convocada a manifestación- a asociación repartirá materiais polas rúas galegas con "datos reais" para "mostrar a realidade" da existencia dunha lingua "estranxeira no seu propio país". "Reivindicamos o dereito básico a falar en galego con normalidade", aseverou Callón, algo que "non se pode facer a día de hoxe en diferentes ámbitos da Comunidade" e que "non prexudica a ninguén", concluíu.

Para rematar, Callón fixo fincapé no aumento no número de socios da Mesa nos últimos tres anos, pasando dos 2.900 os 3.500 membros. "Somos a asociación cultural máis grande de Galicia", remarcou, tras o que se mostrou confiado en chegar aos 4.000 compoñentes "durante esta lexislatura".

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS