Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Jueves 26.02.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Gente y comunicación| sociedad@elcorreogallego.es

difusión

A música galega vai desembarcar na feira Womex de Copenhaguen

27.10.2009  Baixo a marca 'Galician Tunes', dez empresas discográficas, dúas asociacións profesionais e Agadic levan os sons galegos ao certame internacional de 'world music' // Distribuirase un CD con temas de varios artistas de Galicia

1.0/5 [1 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN • SANTIAGO

Expositor da delegación galega ‘Galician Tunes’, nunha pasada edición de Womex. celebrada en Sevilla
Expositor da delegación galega ‘Galician Tunes’, nunha pasada edición de Womex. celebrada en Sevilla

A música galega estará presente entre os próximos 28 de outubro e 1 de novembro no Womex, a feira máis importante de world music do circuíto internacional, que desenvolverá neses días na capital de Dinamarca, Copenhaguen, a súa edición de 2009.

Dez empresas discográficas, dúas asociacións profesionais e Agadic despregarán na capital dinamarquesa o potencial dos artistas galegos actuais, identificados baixo a marca Galician Tunes, cunha estratexia dirixida fundamentalmente aos mercados europeos e latinoamericanos.

Ao encontro, no que este ano participan 3.000 axentes acreditados procedentes de 90 países, viaxan as compañías Falcatruada, Ouvirmos, Zouma Records, Berrogüetto Producións, Abada, Mare, Articket, Sul Produccións, Nordesía e Lóspregos. As dúas últimas disporán ademais de cadanseu espazo exclusivo. Xunto á representación institucional que encabezará o director da Agadic, Juan Carlos Fernández Fasero, tamén estarán en Womex integrantes das dúas principais asociacións do sector: AGEM (Asociación Galega de Empresas Musicais) e Agaphono (Asociación Galega de Produtoras Fonográficas), en quen recaeu a organización da participación galega no evento.

Desde o expositor de Galician Tunes darase cobertura loxística a todas as empresas galegas desprazadas e prestaránselle servizos de tradución e de intermediación comercial. Ademais do material promocional xenérico e do particular que acheguen as diferentes casas discográficas, a delegación galega distribuirá un CD de audio cunha selección de temas interpretados por diversos artistas galegos.

Neste CD, inclúense pezas de bOnOvO, Fía na Roca, Milladoiro, Berrogüetto, Nova Galega de Danza, Rosa Cedrón, Mercedes Peón, Uxía, Fran Pérez Narf Manecas Costa, Hermanos Moreira, Orquestra Vigo 430, ISGA Collective, Donatore di Groove, Xosé Manuel Budiño, Cristina Pato Mutenrohi ou Anxo Lorenzo. Tamén se inclúe unha promo de varios músicos baixo o título Rumbas, procedente da plataforma Descarga ao Vivo.

Repartirase así mesmo a guía Galician Festivals, que recolle a listaxe de festivais e ciclos de música galegos máis destacados e foi elaborada especificamente para a promoción internacional.

Distribución de 'Ao vivo Música'

·· Na cita de Copenhaguen, que se desenvolverá no Bella Center da capital, distribuirase a revista Ao Vivo Música, editada semestralmente por Agadic para a promoción dos grupos e solistas participantes na programación da Rede Galega de Música ao Vivo .

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS