Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Jueves 26.02.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Gente y comunicación| sociedad@elcorreogallego.es

maior frescura

A nova web galiciahoxe.com

22.03.2010  O único diario en galego moderniza o seu portal en internet para mellorar a presentación da información e poder achegar novos contidos como os audiovisuais, ó tempo que se facilita a interacción coas persoas que visitan o sitio a través de enquisas ou valoracións

5.0/5 [1 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN • SANTIAGO

O diario ten agora como enderezo www.galiciahoxe.com, coincidindo co lanzamento do novo deseño
O diario ten agora como enderezo www.galiciahoxe.com, coincidindo co lanzamento do novo deseño

Galicia Hoxe, o único diario en galego que se publica tódalas xornadas en soporte papel e na rede, estreou un novo deseño da súa web, máis moderno e que permite amosar máis noticias e imaxes na portada, ver vídeos de Correo TV e escoitar audios de Radio Obradoiro e compartir contidos máis doadamente con outras webs do Grupo Correo Gallego, en especial a de www.elcorreogallego.es.

Os cambios comezan co propio dominio co que se accede a web, que agora é www.galiciahoxe.com e que substitúe como dominio principal o anterior, www.galicia-hoxe.com.

Opinión, sección destacada

A nova estrutura do portal permite agora organizar de xeito máis accesible as informacións que se amosan na portada, e neste sentido fíxose un esforzo especial coa sección de opinión, de xeito que agora todos os artigos do día aparecen agrupados amosando as fotos dos colaboradores e colaboradoras, así como o seu nome e o título do artigo que publican.

Outro punto importante é que se facilita a interacción dos lectores e lectoras a través de enquisas e a posibilidade de valorar os contidos e por suposto consultar cales son os máis valorados a diario.

Ó mesmo tempo, tamén se amosa a listaxe das noticias máis vistas de cada día, o que fai posible a consulta rápida das que as persoas que visitaron a web consideraron máis interesantes, o que pode ser de utilidade para non perder contidos.

A información meteorolóxica de Galicia, que xa se ofrecía, gaña agora un maior protagonismo e entre as novas opcións que complementan os contidos que se publican de xeito habitual no portal está a de ver emisións en directo a través da rede coma no recente Debate sobre o Estado da Autonomía, igual que se pode facer desde www.elcorreogallego.es. En definitiva, máis vantaxes e máis completa presenza en internet.

NOVIDADES

Integración e maior número de imaxes

O acceso á hemeroteca da web é tamén máis doado e áxil, facendo rápida a busca de informacións pasadas. E en canto ás noticias de última hora, o novo deseño fai posible a súa publicación rápida na portada así como a integración dentro das distintas seccións do xornal, de xeito que estas se poden ir actualizando ó mesmo tempo que a páxina principal.

Un aspecto que mellora e que é fundamental hoxe en día é o referente á información gráfica, coa inclusión dun maior número de imaxes de actualidade, o que sen dúbida fai máis atractiva a consulta da web. Igualmente accédese de xeito rápido ás galerías de imaxes publicadas en www.elcorreogallego.es, que teñen sempre unha boa acollida por parte das persoas que visitan a web.

E para facilitar a lectura das noticias, cada unha delas leva botóns para reducir ou agrandar o tipo de letra dos textos e para facer fácil a súa impresión no caso de que se prefira ler ou conservar en papel .

REDES SOCIAIS

Compartir noticias máis axilmente

·· Nun momento no que as redes sociais e os servizos que permiten compartir noticias gañan protagonismo na rede, quen vexa interesante unha información terá agora botóns para compartila rapidamente con outros usuarios e usuarias. Así, pódese escoller compartila a través de Facebook, Twitter ou Chuza, entre outros.

Gardar as ligazóns ou mesmo envialas

·· Outra das opcións presentes agora é a de gardar as ligazóns de interese en servizos como Del.icio.us, por exemplo, que permite consultar as webs que non queremos perder, independentemente de que esteamos ou non no noso computador. E por suposto, coma sempre, é posible convidar a xente por e-mail a ver unha noticia.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS