Jueves 26.02.2009
Hemeroteca web
|
RSS
![]() |
| Membros do equipo de ‘Bos días’, o informativo matinal que hoxe cumpre o seu programa número 100 FOTO: TVG |
Televisión de Galicia estrea o luns, día 1 de febreiro, Palabra de autor, palabra de autora, un microespazo realizado en colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo para a promoción e difusión do libro galego, con motivo do Ano do Libro e da Lectura 2010. De luns a venres, este novo programa achegará as publicacións en galego máis recentes, contando coas versións do seu autor ou autora e conxugando todo tipo de xéneros literarios. O novo espazo buscará tamén o equilibrio entre as producións de todas as editoriais, organismos e institucións que editan en Galicia ou en galego.
Trátase dunha produción que integra 220 pezas dun minuto aproximado de duración cada unha, cuxa emisión diaria se establecerá a continuación do Telexornal Mediodía -un dos momentos de maior audiencia televisiva da TVG-, co obxectivo de fomentar a recuperación do uso do noso idioma no campo das letras, co fin de garantir que a lectura do libro galego e a lectura en galego chegue a todo o público, motivándoa tamén nas xeracións máis novas.
Despois de acompañar todos os días os galegos polas mañás, achegándolles as temáticas e a actualidade que máis lle interesa á cidadanía, así como as seccións de servizo público, o Bos Días, o informativo matinal da Galega, chega hoxe ao seu programa número 100 e vaino celebrar con todo o seu equipo en estudio, Carlos F. Amado, Xaime Arias, Marta Darriba, Xesús Peleteiro e Laura Casares, xunto aos profesionais técnicos. Así, o programa número 100 do Bos Días celebra o seu aniversario particular lembrando a súa vocación de ser a fiestra de todo o que acontece en Galicia e como aposta informativa da TVG.
