Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Jueves 26.02.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Gente y comunicación| sociedad@elcorreogallego.es

valoración

O operador R, preferido polos usuarios galegos

02.12.2009  Particulares e empresarios coinciden na súa predilección sobre o resto das empresas do sector

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN • SANTIAGO

Nos concellos galegos onde se despregou a rede de fibra óptica de R, o operador galego resultou ser a elección preferida tanto para os clientes particulares como para as empresas. Así o demostran dous estudos recentes realizados este ano por GfK sobre o mercado das telecomunicacións en Galicia no contorno de crise actual, tanto no ámbito residencial coma no da empresa, que revelan o aumento da predilección por R en ambos os sectores.

Segundo o primeiro, R é líder en satisfacción, intención de permanencia e recomendación dos usuarios, tanto en telefonía como, internet, televisión e móbil. O operador galego é líder en telefonía fixa, cun índice do 60,3%, superando incluso a Telefónica, o principal competidor.

En telefonía móbil, servizo que R lanzou a comezos do 2008, o operador galego triplica a súa presenza nos fogares e empresas en zonas de cobertura e alcanza o 6,7% fronte ao significativo descenso de Orange e Yoigo. Entre os seus clientes, R logrou en pouco tempo ocupar o terceiro posto como provedor de móbil, cun 14,8%. Dende o ano pasado, R é, de feito, o primeiro de Europa que ofrece chamadas gratuítas a todos os móbiles de calquera operador dende o teléfono fixo.

Na empresa

Por outra banda, o último estudo de GfK sobre as telecomunicacións no eido da empresa en Galicia neste contorno de crise tamén ratifica a R como operador preferido neste mercado nas zonas onde dispón de rede de fibra óptica. Os datos revelan que as empresas galegas clientes de R aforran unha media dun 15% fronte ás compañías que optan por outro tipo de contratación paquetizada.

 

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS