Jueves 26.02.2009
Hemeroteca web
|
RSS
![]() |
| Unha rapaza suxeita o extraordinario mapa que se reparte co ‘Dicionario’, onte na praza do Obradoiro |
"A posibilidade de conxugar a erudición clásica e as posibilidades técnicas comportan que este dicionario poida ser unha obra magnífica". Así se explicaba onte o profesor da Universidade de Santiago, Francisco Rodríguez Lestegás.
O especialista destacou a nova obra enciclopédica, de 28 tomos, como primeiro proxecto editorial, que sairá o próximo domingo xunto aos xornais EL CORREO GALLEGO e Galicia Hoxe. Rodríguez Lestegás, que fixo un percorrido pola traxectoria histórica do estudo da xeografía, dixo que o Dicionario Xeográfico Ilustrado de Galicia supón unha "continuación dunha traxectoria que empezou nos últimos tempos do Renacemento e que continuou na época da Ilustración e, posteriormente, no séculos XIX e XX".
Lestegás apelou á Historia e lembrou os esforzos experimentados para o desenvolvemento desta materia. En especial tivo palabras para o Padre Sarmiento "todos somos un pouco herdeiros da súa obra, do seu gran saber que agora se intenta sistematizar neste dicionario''.
Coa perspectiva do novo milenio ante os ollos, segundo Rodríguez Lestegás o Dicionario Xeográfico Ilustrado de Galicia pon enriba da mesa un enorme esforzo de recompilación, de acualización cartográfica de Galicia e de dimensión estatística, un traballo que, en definitiva "é a primeira vez que se produce e que seguramente terá uns resultados moi fructíferos para o lector".
Outra das vantaxes que o profesor da USC enumerou no dicionario que sairá á rúa o vindeiro domingo está no feito de que a nova obra estea vencellada a un medio de comunicación o que, ó seu xuízo, facilitará enormemente a súa difusión.
O detallado mapa, o máis completo e actualizado e que se reparte de balde co primeiro tomo é o complemento ideal desta grande obra, que con 50.000 entradas ordenada alfabeticamente foi elaborada por destacados especialistas e colaboradores.
