Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Jueves 26.02.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Gente y comunicación| sociedad@elcorreogallego.es

historia

Preséntase na Coruña o libro 'Miro Casabella e a Nova Canción Galega'

05.11.2008  Xan Fraga describe, no volume de Galaxia, a banda sonora dun tempo convulso

1.8/5 [6 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN • SANTIAGO

Hoxe, ás 20.00 horas, na Biblioteca de Estudos Locais, na rúa Durán Loriga da Coruña, presentarase o libro de Xan Fraga, editado por Galaxia, Miro Casabella e a Nova Canción Galega. Publicado na colección Reportaxe, o volume é un percorrido polas imaxes, a música e a historia da Nova Canción Galega a través da vida e da obra dun dos seus compositores e intérpretes máis sobranceiros, o músico Miro Casabella, que hoxe estarán na presentación acompañando o autor, como tamén o farán os editores Víctor F. Freixanes e Carlos Lema e a concelleira de Cultura coruñesa, María Xosé Bravo.

O historiador Xan Fraga reconstrúe o contexto no que, en plena ditadura franquista, xermolou ese movemento musical. As imaxes e a crónica da traxectoria do autor de O meu país e dos seus compañeiros de andaina musical. O libro, en formato grande e impreso a toda cor, inclúe un CD cunha escolma das cancións de Miro Casabella. O libro inclúe rexistros discográficos e importantes documentos históricos da época.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS