Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Jueves 26.02.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Gente y comunicación| sociedad@elcorreogallego.es

‘diccionario xeográfico’

El primer gran proyecto editorial del nuevo siglo con EL CORREO

14.12.2009  O 'Dicionario Xeográfico Ilustrado de Galicia' foi elaborado por destacados especialistas e colaboradores // Recolle os aspectos físicos e humanos da comunidade cun amplo despregamento gráfico // Sairá á rúa o vindeiro domingo xunto con EL CORREO GALLEGO e Galicia Hoxe

3.0/5 [2 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN • SANTIAGO

Os vinteoito tomos que conforman o Dicionario Xeográfico Ilustrado de Galicia, que integran o gran proxecto editorial
Os vinteoito tomos que conforman o Dicionario Xeográfico Ilustrado de Galicia, que integran o gran proxecto editorial

O vindeiro domingo sae á rúa xunto cos xornais EL CORREO GALLEGO e Galicia Hoxe o primeiro tomo do Dicionario Xeográfico Ilustrado de Galicia, u­nha obra de referencia e consulta, dirixida polo prestixioso especialista e profesor Francisco Javier Río Barja, coa colaboración de destacados estudosos, así como da Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia, o Sitga e o Colexio de Xeógrafos.

Esta colección, que intenta achegar o coñecemento de todo o territorio galego ao gran público, é o primeiro proxecto editorial de envergadura da nosa comunidade no século XXI. Cun formato áxil e de deseño avanzado recolle, en 28 tomos, preto de 50.000 entradas ordenadas alfabeticamente con todas as entidades de poboación (lugares, parroquias, concellos...) e os distintos accidentes xeográficos, desde os máis destacados aos máis pequenos e descoñecidos, así como os distintos espazos naturais protexidos por normativas autonómicas, estatais e comunitarias. Ademais, conta cun amplo despregamento ilustrativo: máis de 10.000 fotografías e 1.000 mapas e infografías, coa información presentada de forma concisa e ordenada, mapas físicos e políticos imprescindibles para visualizar todas as referencias. Todas as entidades de poboación de envergadura (concellos, provincias, comarcas), e os accidentes xeográficos máis relevantes ou diferenciadores teñen a súa cartografía, que complementa uns textos que describen as características máis importantes de cada elemento que se define, situándoo nas súas coordenadas exactas de localización. Tamén se desenvolven uns contidos temáticos que son referentes importantes desta terra, como son o Camiño de Santiago, a pesca ou a gandería.

O Dicionario Xeográfico Ilustrado de Galicia está orientado como material de consulta para estudantes e para todas aquelas persoas que sintan interese por saber como é fisicamente Galicia. Realzando a diversidade consegue romper os tópicos establecidos sobre a uniformidade do territorio e dá a coñecer, d­unha forma, actual, documentada e fiable, esta comunidade polo miúdo, ata o detalle xeográfico máis pequeno.

FORMATO NOVEDOSO

O mapa máis completo e actualizado

Imaxe do mapa de Galicia que se repartirá de balde co primeiro tomo desta colección
Imaxe do mapa de Galicia que se repartirá de balde co primeiro tomo desta colección

O complemento ideal desta obra de xeografía física e humana é un mapa de gran formato (1,30 por 1, 40 metros) que de balde se vai repartir co primeiro tomo. Neste documento gráfico aparecen todos os accidentes xeográficos coa súa toponimia (cabos, calas, cantís, chairas, depresións, encoros, enseadas, golfos, illas, lagoas, marismas, picos ou cimas, praias, puntas, rías, ríos, serras...), os espazos naturais protexidos (Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais, Parques Naturais, Monumentos Naturais, Lugares de Importancia Comunitaria), as vías de comunicación que estruturan o territorio e as poboacións máis importantes. Todo o contido da obra reflíctese neste mapa do século XXI, que ten como base a Cartografía Dixital das capas SIX do Sitga, o máis actualizado e completo.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS