Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Jueves 26.02.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Gente y comunicación| sociedad@elcorreogallego.es

revolución cristiá

Romaxe de crentes por unha igrexa galega e plural

14.09.2008  Os organizadores din que "non nos escindiremos da Igrexa oficial porque Igrexa tamén somos nós" // O encontro tivo lugar na Pastoriza, en Lugo

2.9/5 [14 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

M.T. • SANTIAGO

Momento da eucaristía celebrada onte na carballeira de Baltar, durante a Romaxe de Crentes Galegos FOTO: Fernando Blanco
Momento da eucaristía celebrada onte na carballeira de Baltar, durante a Romaxe de Crentes Galegos
FOTO: Fernando Blanco

Na carballeira de Baltar, na Pastoriza, en Lugo, e presididos polo lema Rexos coma carballos, máis de cinco mil romeiros celebraron onte unha eucaristía exenta de xerarquías eclesiásticas e con propósito galeguista.

Foi a XXXI Romaxe de Crentes Galegos, organizada pola sociación Irimia coa colaboración da asociación cultural A Chaínza, unha celebración na que participaron crentes chegados de toda Galicia.

A primeira e histórica romaxe celebrouse en 1978 no Pedregal de Irimia, Meira, e deulle nome a un grupo nacido coa finalidade de promover "unha Igrexa máis galega e máis implicada na realidade social, económica e cultural. Unha das súas principais teimas desde a súa creación é a da galeguización da Igrexa, especialmente no aspecto litúrxico", dixo Xabier Blanco, do equipo organizador.

"Queremos celebrar o privilexio de ser un pobo con raíces ben fondas das que non queremos nin podemos desprendernos: unha maneira de falar, unha maneira de bailar, unha maneira de rezar, unha maneira de tratar cos demais, coa natureza e con Deus", engadiu.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS