Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Domingo 07.02.2010      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Gente y comunicación| sociedad@elcorreogallego.es

recoñecemento

Rosa Aneiros, mellor autora do ano

20.12.2009  O triunfo no apartado de ficción, no que a escritora tamén era finalista coas obras 'Ás de bolboretas' e 'Sol de inverno', foi para 'Sidecar', de Alberto Lema // O galardón apontoa este escritor como unha das voces máis persoais do panorama narrativo galego

0.0/5 [0 Voto/s]

1
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN • SANTIAGO

A escritora Rosa Aneiros, durante a súa intervenión na gala de entrega dos premios Gallegos del Año
A escritora Rosa Aneiros, durante a súa intervenión na gala de entrega dos premios Gallegos del Año

Os Premios da Edición deixaron este ano un paradoxo: converteron a Rosa Aneiros, distinguida na pasada edición dos Gallegos del Año do Grupo Correo Gallego como Galega do mes de xuño, na mellor escritora do ano aínda que ningunha das súas novelas finalistas no apartado de mellor obra de ficción -Ás de bolboretas e Sol de Inverno- lograron o recoñecemento do xurado. O triunfo neste apartado, contra todo prognóstico, foi dar nunha novela que pasou máis que dicretamente para a crítica e os lectores, Sidecar, de Alberto Lema, autor de culto ao que o galardón apontoa como unha das voces máis persoais do panorama narrativo galego.

A V Noite da Edición de Galicia, durante a que se entregaron os premios, celebrouse onte no Liceo de Ourense, e contou coa asistencia dos conselleiros de Cultura e Educación, Roberto Varela e Xesús Vázquez Abad.

Con esta gala -patrocinada polo Centro Español de Dereitos Reprográficos (CEDRO)-, a Asociación Galega de Editores reúne anualmente a todos aqueles que traballan no campo do libro, a súa produción e a súa edición.

O Premio Ánxel Casal ao Libro de ficción do ano foi para Sidecar, de Alberto Lema, publicada por Galaxia ao mesmo tempo que a súa tradución en castelán, editada por Caballo de Troya. Considerada polo seu propio autor como unha obra de iniciación, Sidecar amosa nun estilo algo casual e próximo al pulsións sexuais de dous amigos nunha Compostela de contratos lixo, mulleres con carácter e estudantes acirrados.

As Cartas de republicanos galegos, de Xesús Alonso Montero, levou o premio Ánxel Casal ao Libro de non ficción. Alonso Montero, que tamén era finalista no apartado de mellor escritor do ano, reúne neste volume cento vinte cartas que diferentes republicanos galegos condenados a morte escribiron, pouco antes de falecer, entre o 1936 e o 1948.

O Premio Ánxel Casal ao Libro de poesía ou de teatro do ano 2009 recaeu nunha peza dramática, o Ciclo de Xúpiter, de Millán Picouto, editada por Linteo.

O Premio Xosé Neira Vilas ao Libro infantil e xuvenil recoñeceu A araña e máis eu, editado por Kalandraka.

O Premio Lois Tobío ao Libro traducido do 2009 recaeu en Contos completos de Allan Poe, vertido ao galego para a editorial Galaxia por Eva Almazán, finalista con tres obras.

Gabriel Pacheco fíxose co Isaac Díaz Pardo ao Libro ilustrado do ano, editado por OQO e as Fotobiografías de Ouvirmos lograron o Rosalía de Castro á iniciativa editorial do 2009.

LOS DATOS

Libro de ficción ·· O Premio Ánxel Casal ao libro de ficción foi para a obra Sidecar, de Alberto Lema (Galaxia).

Libro de non ficción ·· O Ánxel Casal neste apartado recaeu en Cartas de republicanos galegos, de Xesús Alon- so Montero (Xerais).

Libro de poesía o teatro ·· O premio Ánxel Casal neste apartado foi para a obra Ciclo Xúpiter, de Millán Picouto (Ediciones Linteo).

Libro infantil e xuvenil ·· O premio Xosé Neira Vilas ao libro infantil e xuvenil foille outorgado á obra A araña e máis eu, de Fran Alonso (Kalandraka editora).

Libro traducido ·· O Lois Tobío ao libro traducido foi para Contos completos de Allan Poe, traducidos por Eva Almazán (Galaxia).

Libro ilustrado ·· O Díaz Pardo ao libro ilustrado foi A grande viaxe, de Gabriel Pacheco (OQO Editora)

Autor ·· O Xosé María Álvarez Blázquez ao mellor autor foi para Rosa Aneiros.

Iniciativa editorial ·· O Rosalía foi para as Fotobiografías sonoras de Ouvirmos .

A clave

Galardón para Nova Galicia e para R

·· De antemán xa se coñecían algúns dos gañadores. É o caso do apartado da Edición Histórica, que se acordou conceder á editorial Nova Galicia -que cumpre un cuarto de século de vida- ou o premio Francisco Fernández del Riego, que recoñece o traballo realizado dunha persoa ou colectivo a prol do libro, e que recaeu na empresa R .

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS