Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Jueves 26.02.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Gente y comunicación| sociedad@elcorreogallego.es

galardón

Rosalía soou onte na voz de catro 'irmáns' da poesía galega

27.09.2008  Álvaro Mutis, Mia Couto, Joan Margarit e Jon Kortazar recibiron onte o premio ibérico do PEN Clube

3.3/5 [8 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

FRAN P. LORENZO • SANTIAGO

Tosar, esquerda, Mia Couto, Senén Barro, Álvaro Mutis, Ánxela Bugallo, Joan Margarit e Kortazar, onte FOTO: Antonio Hernández
Tosar, esquerda, Mia Couto, Senén Barro, Álvaro Mutis, Ánxela Bugallo, Joan Margarit e Kortazar, onte
FOTO: Antonio Hernández

Unidos polo vínculo universal da verba poética chegáronse onte a Fonseca os premiados na sétima edición do Premio Rosalía de Castro, convocado polo PEN Clube de Galicia, e que distinguiu, desta volta, a obra e figura de catro escritores senlleiros: o colombiano Álvaro Mutis, o mozambicano Mia Couto, o catalán Joan Margarit e o basco Jon Kortazar, como representantes das creacións literarias nas catro linguas da Península Ibérica, quitado o galego desta beira do Miño.

Precisamente no feito da internacionalidade deste galardón incidía onte o presidente do PEN, o tamén poeta Luis González Tosar, e na capacidade de proxección que ten para a literatura galega un certame que xa lle outorgou o seu favor a autores tan destacados como Joan Perucho, Vázquez Montalbán, Torrente Ballester, Palau i Fabra, José Ángel Valente e Sophia de Mello. Nesa nómina de premiados figura Mia Couto, narrador, poeta e xornalista nado en Mozambique de pais portugueses, quen onte sinalaba a forza evocadora de Galiza para quen pertence a un pobo que, "ten a sensación de se ter que explicar, e mesmo desculparse por existir". Couto, que se considera "un poeta que usa a prosa para escribir as súas historias", referiuse no texto de agradecemento polo premio a Rosalía como "incendiadora de sombras", que fixo da poesía "a súa derradeira patria". Rosalía, segundo Mia Couto, "foi poeta e foi galega. Mais do que isso: ela foi a poesía e ela foi a Galiza. Essa é a ambição de todo o escritor: em cada livro escrever uma terra e esboçar um sonho".

O colombiano Álvaro Mutis, Premio Cervantes, tamén evocaba onte a pegada rosaliana e, canda ela, a de Álvaro Cunqueiro ao que descubriu nunha librería de Barcelona para xa non abandonalo nunca. "Emocionado" por estar en Santiago, Mutis cifrou a obra do narrador e poeta mindoniense na nomina de escritores que se inventan a si mesmos, "fundindo as súas raices nos máis profundos vieiros dos nosos mitos".

Joan Margarit quixo desmentir o adaxio tradutore, traditore, para dicir que "un bo poema cruza todas as linguas por malo que sexa o tradutor". Margarit inscribiu tamén a obra rosaliana no seu contexto europeo, parello ao daRenaixença catalá.

Jon Kortazar, pola súa banda, fiou os nomes de Gabriel Aresti, Manuel María e Rosalía de Castro na súa intervención. "Tentei que as campás de Bastavales soaran aquí, pero que puideran tamén escoitarse no meu país", dixo.

AS CLAVES

Unha cita para a cultura galega

O Pazo de Fonseca en Santiago acolleu onte unha importante representación da cultura galega. Entre eles, a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo; o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares; o reitor da Universade de Santiago, Senén Barro, que lle impuxo a Álvaro Mutis a Insignia da USC; o presidente do PEN Clube, Luis G. Tosar e a presidenta da Fundación Rosalía, Helena Villar, entre outros.

Un diálogo con outras poéticas universais

Onte presentouse a antoloxía Poesía suspensa, realizada por Luciano Rodríguez en colaboración co Pen Clube de Galicia e e editorial Espiral Maior e que foi editada e distribuída con motivo da celebración da VII edición do Premio Rosalía de Castro. Poemas curtos, intensos, de 51 autores vivos en dez idiomas diferentes. Un diálogo da poesía galega con outras expresións poéticas universais que fican neste volume .

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS