Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Jueves 26.02.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Gente y comunicación| sociedad@elcorreogallego.es

escenarios

O Salón Teatro programa desde hoxe os 'Animales artificiales' de Matarile

25.09.2008  A obra da compañía compostelá, dirixida por Ana Vallés, reflexiona sobre os humanos como obxecto de observación // Santiago acollerá catro funcións da montaxe

1.0/5 [1 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

AGN • SANTIAGO

Matarile Teatro regresa a Galicia para presentar os seus Animales artificiales, unha montaxe dirixida por Ana Vallés e na que nove artistas procedentes do teatro, da danza e da música amosan o ser humano como animal en observación.

A compañía galega ofrecerá catro funcións no Salón Teatro de Santiago a partir de hoxe ata o sábado ás 20.30 horas e o domingo ás 18 horas, logo de estrear a obra no Festival de Teatro de Málaga o mes de febreiro pasado e percorrer escenarios de Madrid, Murcia, Castela-León, Castela-A Mancha, Madrid e Portugal. Animales artificiales pasearase este ano pola Feira de Artes Escénicas que se desenvolverá na capital galega no mes de outubro, así como polo Teatro Jovellanos de Gijón e polo Festival Don Quijote de París.

Animales artificiales parte do feito de que o comportamento humano vén dado pola súa condición de seres observados, e de aí procede a súa artificiosidade. Así, a obra cuestiona a bondade da natureza e as pautas de convivencia que, cando se rompen, "fan saír o animal máis voraz, prodúcese a loita do home contra o home", indicou Vallés.

Para transmitir estas ideas, os de Matarile consideran o teatro o mellor medio, xa que a arte é "a máxima representación do artificio, das múltiples interpretacións que o ser humano ten da realidade". "O teatro é a máxima expresión da vida, un espazo para mirar e fomentar a mirada propia", explica Vallés.

A peza é produto da compilación de ideas e estímulos por parte de Ana Vallés a través de cartas cos actores. Así se incorporou por exemplo o personaxe do contratenor Klaus Nomi, a proposta do bailarín canario Mauricio González, o contratenor Ramón Vázquez, a danza de Mauricio González emprega o ballet para explicar como ata as expresións máis artificiais aparentemente non deixan de ser naturais.

Ao elenco súmanse a alemá establecida en Santiago Helen Bertels, o músico de tuba galego Hugo Portas, o narrador arxentino José Campanari, a asturiana Mónica García, o galego Iván Marcos o madrileño Ricardo Santana e a propia Vallés, a quen Nuria Sanz axuda na dirección e Baltasar Patiño na iluminación e escenografía.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS