Jueves 26.02.2009
Hemeroteca web
|
RSS
![]() |
| Un grupo de rapaces na performance da homenaxe a Kagel, onte, á súa chegada á Praza do Obradoiro FOTO: Ramón Escuredo |
Un grupo de 140 ciclistas interpretaron onte en Santiago de Compostela a peza Eine Brise en homenaxe ao compositor arxentino Mauricio Kagel, falecido o ano pasado, na que utilizaron os timbres das bicicletas, bucinas alternados coas súas propias voces e asubíos.
Trátase dunha iniciativa artística do Taller Atlántico Contemporáneo (TAC), como presentación do ciclo de concertos que terán lugar no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) durante este ano e que se dedica á obra de compositores galegos. O título da obra remite a última sonata de piano de Beethoven, o Opus 111, e supón unha adaptación musical da obra do compositor arxentino Kagel, preparada especialmente para ser interpretada por 111 ciclistas, aínda que o tirón popular acadou algúns mais.
A performance, que tivo lugar entre Xoan XXIII e a Praza do Obradoiro contou coa presenza do conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, que na súa intervención quixo desterrar "os tópicos que cualifican a música culta como elitista fría ou aburrida". Varela, que non quixo dar ningún nome máis sobre a programación do Xacobeo nin pronunciarse sobre os rumores existentes dixo que "se anunciarán proximamenteo grandes nomes" dixo, e engadiu que a creación musical actual ten máis capacidade que nunca para sorprender provocar, emocionar e divertir, e animou a achegarse á musica contemporánea e "rachar con moitas ideas falsas ligadas coa arte e a música da actualidade".
O director do TAC Diego García Rodríguez apuntou que " ao final vímonos desbordados e superamos as expectativas. Foi un éxito rotundo, xa só o feito de que a xente decidise vir coas bicis é todo un éxito".
Concierto
O ensemble de nova creación do Taller Atlántico Contemporáneo desenvolverá no centro Galego de Arte Compomporánea ao longo de 2010 un primeiro ciclo de concertos dedicado á obra de compositores galegos. O concerto de inauguración será o 30 de marzo e a obra de Mauricio Kagel foi elixida como punto de partida da agrupación, de acordo coa importancia central da bicicleta en cada un dos concertos do TAC onde o vehículose erixe como leitmotiv do programa de actos.
O TAC: dous anos de intenso traballo
·· O traballo do Taller Atlántoco Contemporáneo (TAC) iniciouse hai dous anos a raíz da colaboración de diversos músicos galegos que viven en Galicia co obxectivo de darlles forma a unha serie de interpretacións en vivo que se impulsaron a través da colaboración do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) .
Unha iniciativa como esta en ano Xacobeo
·· Varela destacou a importancia dunha iniciativa destas características en Santiago e en pleno Ano Xacobeo. "Trátase dunha música para vivila máis que para escoitala", dixo. O alcalde de Compostela, Sánchez Bugallo apuntou que unha actividade como esta "dinamiza a cidade e serve para entreter e tamén e cultura".
