Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Jueves 26.02.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Gente y comunicación| sociedad@elcorreogallego.es

pan e coitelo

Spanair

23.09.2008 

4.2/5 [5 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

XOSÉ MANUEL SARILLE ESCRITOR E PROFESOR

Cando ocorre unha traxedia como a de Barajas, as persoas normais senten primeiro a dor e despois analisan o suceso. Polo xeito de informar e de revolver os datos, ao día seguinte tiven a impresión, máis ou menos subtil, de que se querían buscar culpábeis da catástrofe, e que até se desexaba atopalos; como se o quebranto non tivese redención sen castigo. Soa forte, ben o sei, pero pareceume así, porque aínda sen indicios serios, con cada novo dato insistíase máis nesa liña.

Creo que se confirmou esa pulsión cando os medios de comunicación anunciaron que outro avión da mesma compañía realizara unha aterraxe forzosa. Estábase máis perto de atopar unha válvula para tanta impotencia. Mais todo o mundo sabe que nos países ricos os accidentes aéreos son excepcionais, e pouca xente sabe que as aterraxes preventivas son moi frecuentes, e que case nunca son noticia. Spanair puido converterse inmediatamente e de xeito arbitrario nunha ruína económica, porque ía prevalecer a idea de que é unha empresa perigosa. Non é que houbese unha estratexia calculada para arruinala, senón que o grande teatro da información, este descomunal simulador da realidade, ten vida propia, e nalgunhas ocasións crea monstros sen basearse na razón, aínda que case sempre os críe interesadamente e baseándose nela.

Hai moitos exemplos desa arbitrariedade. Nos anos setenta aparecían lagartixas, escánceres, moscas, cascudas e miñocas nas latas de refrescos. O asunto durou varios meses, até que a praga de bichos nas bebidas igual que veu foise. Era unha rotina informativa tan boba como o sonsonete da canción que trepana a cabeza dun e lla escraviza durante xornadas. Seguro que entre os miles de millóns de envases que se fabrican no mundo diariamente seguen a producirse esas excepcións. Hai tres anos causaron furor noticieiro as escasas agresións a profesores, tendo en conta que a comunidade escolar ten varios millóns de membros en España. E a punto estivemos de vivir outro culebrón tamén violento contra os traballadores da hostalería. Ese desapareceu de súpeto. Non debeu de apaixonar aos entretidos consumidores.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS