Martes 17.02.2009
Hemeroteca web
|
RSS
![]() |
| Portada do album ‘As serpes cegas’ que concurre ós tres premios |
O album As Serpes Cegas acumula 3 candidaturas nos premios da Crítica 2009. Editado por BD Banda, opta a recibir o premio de Mellor obra nacional, Mellor debuxante nacional e Mellor guionista nacional.
Os premios da crítica, convocados pola revista Dolmen, recollen anualmente as preferencias de críticos e especialistas de BD de todo Estado, e están unanimemente recoñecidos entre os máis prestixiosos, canda o Premio Nacional do Cómic e os premios do Saló del Cómic de Barcelona.
Precisamente, As Serpes Cegas xa fora recoñecida nesta última cita, no pasado mes de maio, cos galardóns á mellor obra e ao mellor guión. O álbum quedara tamén finalista nos premios que outorgan os libreiros franceses e acadou unha crítica unanimamente positiva en medios especializados de todo o país.
As Serpes Cegas é a primeira BD editada por BD Banda e viu a luz en galego e castelán ao tempo que a edición francesa do xigante editorial Dargaud, gracias a un acordo desta empresa co colectivo galego. A entrega dos premios da crítica farase no acto de clausura das Xornadas do Cómic de Avilés, o 12 de setembro. Os críticos teñen agora aberta unha segunda rolda de votacións que remata o 4 de outubro.
