Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Lunes 22.12.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Gente y comunicación| sociedad@elcorreogallego.es

comunicación

TVG incrementa a súa audiencia de maneira notable durante maio

04.06.2008  A canle autonómica conseguiu situarse como a terceira máis vista en Galicia por diante de Antena 3 TV // Por segundo mes consecutivo, obtén o segundo posto no ránking das televisións da Forta

1.0/5 [1 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN • SANTIAGO

No mes de maio pasado, a Televisión de Galicia rexistrou unha cota de pantalla media do 15,7%, no total do día, mentres que no horario de máxima audiencia esa porcentaxe se sitúa no 16,2%. Estes datos de Sofres reflicten que a canle autonómica galega foi a terceira canle máis vista en Galicia, por diante de Antena 3 Televisión, e a segunda dentro do conxunto de televisións autonómicas agrupadas na Forta (unicamente foi superada en tres décimas por Canal Sur andaluz).

Con estas cifras, TVG sitúase no total do día con 1,6 puntos de cota por riba da media da Forta, e tamén a supera no horario de maior consumo televisivo en 1,8 puntos.

TVG e La Sexta

De igual xeito, segundo os datos do mes de maio, a canle autonómica galega -xunto con La Sexta- foi a canle que acadou un maior aumento de audiencia, con respecto ao ano pasado, elevando a media anual a un 15,1% de cota (un punto máis que en 2007).

Polo que respecta a tramos horarios, cómpre destacar que a franxa líder volveu ser a sobremesa (13.30-15.30 horas), marcada polo seu carácter informativo, cunha cota de pantalla do 29,7%, de luns a venres. Nesta franxa, Televisión de Galicia é líder ­absoluta en Galicia superando, nunha ampla marxe, ao resto das canles competidoras: 12,3 puntos máis de cota que TVE-1, 13.8 puntos máis que Antena 3 ou 14.3 puntos máis que Telecinco.

'Prime time'

A segunda franxa de maior fortaleza da canle foi o denominado prime time, franxa de maior consumo televisivo, cun 16,2% de cota de pantalla (segundo mellor resultado desde maio do ano 2007). Os programas de Televisión de Galicia cunha maior audiencia no prime time foron: Padre Casares (28,8%), Libro de familia (26,9%), Luar (22,2%), Alalá (18,3%), A xornada (20,5%), O show dos Tonechos (16,6%), Fútbol-Liga Española (18,9%), Arre demo (16,8%), Son de estrelas (12,9%) e Cine (13,1%).

Cómpre destacar o forte crecemento de audiencia na primeira franxa da tarde (15.30-18.00 horas), que se situou, de luns a venres, no 14,2% de cota de pantalla, o que supón 2,5 puntos máis de share que en abril, o mellor resultado desde decembro do ano 2003. Neste sentido, o programa Cifras e letras mediou un 16,3% de share, sendo a mellor media mensual desde o comezo da emisión do programa en febreiro de 2006, e Acompáñenos, igual que o anterior, situouse na súa mellor media mensual, desde o inicio do espazo, cun 13,5% de cota de pantalla.

Ademais, e por segundo mes consecutivo, Televisión de Galicia foi a canle que máis espazos incluíu no ránking dos programas máis vistos do mes de maio: 11 dos 25 programas máis vistos en Galicia son de TVG (catro capítulos de Padre Casares, catro de Libro de familia e tres de Telexornal 1).

Ránking autonómico

Outro dato salientable e con respecto á Forta, é que seguindo a tendencia iniciada no mes de abril, a Televisión de Galicia acada a segundo posición dentro do ránking autonómico rozando o liderado do mesmo: 1,5 por diante de ETB2 e 1,2 puntos por diante de TV3, e a escasas 3 décimas por debaixo de Canal Sur. Ademais, na franxa de prime time, Televisón de Galicia ­situouse unicamente seis décimas por debaixo de Canal Sur.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS