Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Domingo 07.02.2010      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Gente y comunicación| sociedad@elcorreogallego.es

chano piñeiro

Por un audiovisual competitivo

23.12.2009  Feijóo destaca a aposta da Xunta por un sector que contribúa ao desenvolvemento cultural e económico da comunidade // O mandatario presidiu onte no Salón Teatro a entrega dos premios a María Bouzas e Xavier Villaverde, e que recoñeceron a labor de Carlos Velo Cobelas e José Luis Cabo

1.0/5 [1 Voto/s]

2
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN • SANTIAGO

Feijóo fala con María Bouzas ante Roberto Varela, esquerda, Alfonso Cabaleiro e Xavier Villaverde FOTO: Ramón Escuredo
Feijóo fala con María Bouzas ante Roberto Varela, esquerda, Alfonso Cabaleiro e Xavier Villaverde
FOTO: Ramón Escuredo

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou onte a aposta do Goberno galego por un sector audiovisual galego "máis forte e competitivo", que contribúa ao desenvolvemento cultural e económico da comunidade, que afronte os novos desafíos e encare o futuro "con ilusión e imaxinación", durante a gala de entrega dos premios Chano Piñeiro celebrada no Salón Teatro de Compostela.

Uns galardóns que nesta cuarta edición recaeron na actriz María Bouzas, no director e realizador Xavier Villaverde, e que tamén recoñeceron a traxectoria de dous persoeiros xa ausentes: José Luis Cabo Villaverde e o cineasta Carlos Velo Cobelas.

Feijóo destacou que os Chano Piñeiro constitúen un recoñecemento institucional aos profesionais que fan posible que o audiovisual galego "xa teña un oco propio no mercado español", e definiu a Carlos Velo Cobelas como "gran mestre do documental, intelectual e galeguista"; mentres que se refiriu a Cabo Villaverde como "un valorado experto en fotografía e un eficaz xestor" durante os anos que estivo á fronte do CGAI.

Da actriz María Bouzas, destacou a súa "variada e nutrida filmografía", e suliñou que "por primeira vez os Chano Piñeiro recoñecen unha muller", e de Xavier Villaverde falou como dun realizador que é "memoria activa e vital do audiovisual galego desde os seus comezos nos anos setenta ata a actualidade"

ANUNCIO

Haberá un só organismo de coordinación

O titular da Xunta recordou onte que o sector audiovisual hai tempo que vén reclamando un organismo único que coordine as políticas institucionais que lles afectan, e dixo que "niso estamos".

Neste sentido, avanzou que haberá "un organismo único para posibilitar liñas de actuación e políticas concretas e que así se dará a coñecer no prazo máis breve posible", en canto se solucione a complexidade administrativa que todo proceso deste tipo leva acompañado.

Incidiu na necesidade de reestructurar e potenciar o Consorcio Audiovisual de Galicia, pero dixo que "queremos facelo ben, sen présas, para atinar co mellor nun sector que está a dar moitos e bos froitos para a estima e a satisfacción dos galegos".

Resaltou Feijóo o papel de TVG como primeiro "motor do audiovisual galego", co compromiso engadido de "exercer como a gran dinamizadora dos produtos galegos diante da audiencia do país e máis para a audiencia exterior a través da TDT" .

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS