Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Lunes 22.12.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Gente y comunicación| sociedad@elcorreogallego.es

programación

Unha intensa temporada teatral

20.09.2008  O Centro Dramático Galego porá en escena dúas representacións propias, 'A boa persoa de Sezuán' e 'As dunas', coincidindo co 25 aniversario da súa creación, e tres coproducións // A compañía potenciará a actividade do Centro de Creación Dramática Contemporánea

2.0/5 [18 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN • SANTIAGO

Fachada do Salón Teatro con algúns dos participantes na presentación da nova temporada do CDG
Fachada do Salón Teatro con algúns dos participantes na presentación da nova temporada do CDG

O Centro Dramático Galego (CDG) enfronta a súa nova temporada teatral 2008-2009 coa montaxe de dúas producións propias de gran formato, outros catro espectáculos en réxime de coprodución con grupos galegos privados e co Centro Miraflor portugués, o mantemento dunha intensa e variada programación do Salón Teatro e a potenciación da actividade do seu Centro de Creación Dramática Contemporánea.

Estes son os eixes fundamentais que centrarán o traballo do CDG para a temporada, que se estenderá até xullo de 2009 e na que, baixo o lema Parte de ti, se conmemorará ademais o 25 aniversario do nacemento en marzo de 1984 da única compañía institucional de teatro de Galicia.

A conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, presentou onte xunto á directora do CDG, Cristina Domínguez Dapena, a planificación do CDG para os vindeiros meses, nun acto celebrado no Salón Teatro do Santiago, ao que asistiron profesionais da escena galega e gran parte do equipo artístico que se encargará de materializar cada un dos proxectos enumerados, entre os que se atopan nomes como Nuno Cardoso, Manuel Lourenzo, Quico Cadaval, Carlos Neira, Iván Marcos, Ezra Moreno ou Marcos Carballido.

Maiores elencos

No labor de produción propia, a compañía pública inaugura este novo curso teatral cunha concepción distinta: en lugar das tradicionais tres producións levaranse a cabo dúas, máis ambiciosas e con amplos elencos. Así, o primeiro dos espectáculos que verá a luz será A boa persoa de Sezuán, unha proposta que dirixe Nuno Cardoso, un dos responsables do bo momento que atravesa a creación dramática contemporánea en Portugal.

A interpretación desta obra corre a cargo de doce actores e actrices galegos Rosa Álvarez, César Cambeiro, Antón Coucheiro, Mónica García, Rocío González, Roberto Leal, Rebeca Montero, Marta Pazos, Alberto Rolán, Fran Salgado, Toni Salgado e Hugo Torres. A obra estrearase o próximo 24 de outubro no Salón Teatro.

O 14 de marzo de 2009 será a quenda de As Dunas, o texto de dramaturxia residente que está na actualidade a escribir Manuel Lourenzo -recentemente galardoado co Premio Nacional da Cultura Galega na categoría de Artes Escénicas- e que dirixirá Quico Cadaval. A obra, ideada como un cabaré sobre o paraíso perdido, é unha viaxe pola mariña luguesa.

A CLAVE

Coproducións con novas linguaxes

O CDG incidirá na súa aposta por novas linguaxes escénicas coa coprodución de catro espectáculos, tres en Galicia e un en Portugal. Ao primeiro apartado corresponden proxectos levados a cabo por novas figuras da escena galega. Con este sistema, preténdese apoiar aquelas iniciativas artísticas que non teñen actualmente unha gran saída comercial, mais conteñen unha proposta creativa e de investigación de alto nivel.

Rúa Aire, da compañía O Retrete de Dorian Gray, será a primeira montaxe escénica en réxime de coprodución para esta temporada, cuxa estrea está prevista para os días 29 e 30 de marzo de 2009 no Teatro Villa de Molina (Molina de Segura, Murcia). Dirixida, creada e interpretada por Marcos PTT Carballido e Ezra Moreno, é un espectáculo para público familiar.

O 17, 18 e 19 de abril, o bailarín e actor Iván Marcos presentará no Salón Teatro a súa proposta Eco, onde explora os procedementos de construción e deconstrución das identidades individuais .

A clave

Intercambio de coñecementos

O Centro de Creación Dramática Contemporánea seguirá a impulsar a dramaturxia galega a través do intercambio de coñecementos e experiencias, do fomento de proxectos de investigación en novas linguaxes escénicas que teñan en conta a utilización das novas tecnoloxías como elemento central .

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS