Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Lunes 22.12.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Gente y comunicación| sociedad@elcorreogallego.es

creación

Unha nova Pecha Kucha Night

07.12.2009  Pontevedra acolle este venres 11 a nova edición dun evento que, en varias sedes internacionais, pon en valor e proxecta o traballo dos novos creadores // A Asociación Galega de Deseñadores, DAG, encherá a Sala Karma de fotografía, moda, audiovisual, música, gastronomía e innovación gráfica

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

FRAN P. LORENZO • SANTIAGO

Detalle dun autorretrato de Andrea Dasilva, que estará no PKN
Detalle dun autorretrato de Andrea Dasilva, que estará no PKN

O vindeiro venres 11 de decembro terá lugar en Pontevedra u­nha nova edición de Pecha Kucha Night, un singular encontro que encara a súa segunda edición da man da Asociación Galega de Deseñadores, DAG. Na procura da dinamización de espazos para o encontro e o diálogo entre creativos de diversos eidos, Pecha Kucha Night II reunirá na Sala Karma da cidade do Lérez o traballo de varios creadores. Non existen demasiadas fronteiras nesta proposta informal e alternativa -que xa está presente en máis de 190 cidades de todo o mundo-, agás a do tempo. Cada participante dispón de 20 segundos e 20 imaxes (20x20) para expor en público o seu proxecto, "facendo un total de 6 minutos e 40 segundos -cun obrigado break para repoñer a cervexa-", sinalan os organizadores, que buscan, desta maneira, "presentacións concisas e dinámicas, mantendo o interese en todo momento e permitindo a participación de moita xente".

Pero, que xente se vai reunir o vindeiro venres ao abeiro da noite pontevedresa? A listaxe xa se pode consultar na páxina web deste evento www.pecha-kucha.org/night/pontevedra. Trátase de Andrea Dasilva (fotografía e deseño); Anxo Fariña (ilustración); Arturo Álvarez (deseño emocional); Baldo Ramos (arte e poesía); Que palleiro (deseño e audiovisual); Eva Morell (fotografía); Lucía García (arte); Marcos Dopico (tipografía); Pepe Solla e Pepe Vieira (cociña de vangarda); Rita Pajarita (moda); Projecto ['Trepia] (música) e N550 (i+d+i).

A presentación desta noite creativa, que comeza a partir das 22 horas na Sala Karma (rúa Marqués de Riestra 32), virá da man de Antela Cid e Ramón Domínguez. A entrada será de balde e ao finalizar as presentacións, a organización anuncia unha "espectacular sesión" de Zarpael Amor Dilleis.

A primeira edición desta cita internacional tivo lugar o verán pasado, tamén en Pontevedra. A vontade da Asociación Galega de Deseñadores é exportar a outros núcleos como Santiago, Vigo, Lugo ou Ferrol unha iniciativa que avoga pola proxección do capital de creación dos profesionais galegos e pola visibilización dese traballo.

A Coruña é a outra das cidades galegas que xa presentou, o pasado 6 de novembro, a súa propia PKN, no Pub 14! Nesa ocasión expuxeron os seus traballos os arquitectos Juan Creus, Toni García e Carlos Pita; o estudo de deseño gráfico desescribir (www.desescribir.com); o fotógrafo Melki Chichery; o ilustrador e debuxante de cómic David Rubín; a deseñadora de moda Silvia Esquío; e o estudo de intervención gráfica Alavista (estudioalavista.com).

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS