Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Lunes 22.12.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Gente y comunicación| sociedad@elcorreogallego.es

escenario

'Unha primavera para Aldara', no Salón Teatro

18.12.2008  Teatro do Atlántico representa, a partir do vindeiro 18, catro funcións da obra de Teresa Moure // Xulio Lago dirixe a montaxe, premiada co Rafael Dieste

2.8/5 [12 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN • SANTIAGO C.D.G.

Un momento da representación de ‘Unha primavera para Aldara’ FOTO: c.d.g.
Un momento da representación de ‘Unha primavera para Aldara’
FOTO: c.d.g.

A compañía Teatro do Atlántico ofrece esta semana no Salón Teatro de Santiago catro funcións (os días 18, 19 e 20 ás 20.30 horas e o domingo 21, ás 18.00) da súa última produción Unha primavera para Aldara, dirixida por Xulio Lago a partir do primeiro texto dramático de Teresa Moure, no que a autora monfortina reflexiona sobre o amor, a liberdade, a igualdade, a tolerancia ou a represión a través dunha trama que se sitúa na Revolta Irmandiña.

María Barcala, María Bouzas, Marcos Correa, Belén Constenla, Josi Lage, Amparo Malo, Xoán Carlos Mejuto, Pilar Pereira, Lucía Regueiro e Agustín Vega constitúen o elenco de 10 actores e actrices que interpretan esta peza, gañadora en 2007 por unanimidade do xurado do XIII Premio Rafael Dieste de Teatro "pola súa sólida estrutura dramática e a magnífica construción dos personaxes", segundo quedou recollido no acta do ditame.

Lago recolleu este desafío para compoñer unha proposta escénica de gran formato, na que sobresae o traballo actoral e a ambientación, conseguida pola escenografía e vestiario de Carlos Alonso e a iluminación deseñada polo propio Lago.

En Unha primavera para Aldara hai espazo para o drama, a comedia, a traxedia e o teatro costumista. A acción sitúase no interior dun mosteiro feminino, na Galicia do século XV; un espazo, o do convento; e un tempo histórico, o medievo, con gran capacidade de suxestión. No exterior, estoupa a Revolta Irmandiña contra os abusos dos nobres feudais; no interior, as monxas están a pasar por un momento difícil no que atinxe a súa subsistencia. Ao convento chega un cabaleiro irmandiño ferido gravemente na batalla e necesitado de refuxio e de coidados para sandar.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS