Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Lunes 22.12.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Gente y comunicación| sociedad@elcorreogallego.es

en auria

Valcárcel evoca o peso de Ourense na construción da identidade cultural galega

29.11.2008  O catedrático e ensaísta auriense presenta hoxe un volume, editado por Xerais, que debuxa con rigor a historia da cidade // Máis de 300 persoas renderanlle unha homenaxe o autor

2.4/5 [7 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

M. DOPICO • SANTIAGO

"Para min Ourense é unha localización sentimental e literaria no mundo, cun perfil moi preciso, pero perfectamente compatible coa nosa identidade galega". O historiador e catedrático de Lingua e Literatura galega Marcos Valcárcel explicaba, deste xeito, nunha entrevista con Manuel Vidal Villaverde publicada por Galicia Hoxe a súa "ourensanía".

Agora, a sociedade galega e, en especial, o mundo cultural, queren amosarlle o recoñecemento que merece polo seu compromiso co país cunha cea homenaxe que esta noite reunirá no restaurante Sanmiguel máis de trescentas persoas.

Investigador, activista cultural, colaborador de varios xornais e publicacións, -Galicia Hoxe entre eles-, blogueiro... Marcos Valcárcel organizou, sendo presidente do Clube Cultural Alexandre Bóveda de Ourense, varias homenaxes a distintos persoeiros. Hoxe é a súa quenda.

Antes da cea, ás 19:00 horas, no Liceo, presentará o seu novo libro, Historia de Ourense, editado por Xerais. "É unha historia de Ourense de ton divulgativo, breve e con rigor, desde o mundo romano ata hoxe. Un intento de facer unha historia cultural na que os ourensáns recoñezan as súas raíces, por iso a parte do século XX é moi extensa: a República, a posguerra, os anos 50-60-70, co mundo cultural que xirou arredor da Auriense, o Ateneo, o Liceo, a coral de Ruada, os escritores... A explicación do mundo romano parte dos clásicos: Ferro Couselo e Cuevillas, pero incorpora as actualizacións derivadas dos últimos achados dos arqueólogos. Na etapa medieval introducín os estudos de Anselmo López Carreira por exemplo...", salienta.

"Desde a Idade Media ata o 1850 houbo poucos cambios. Na etapa contemporánea, falo da nova burguesía urbana, que consolidou toda a arquitectura chamada modernista, e toda a zona do ensanche... Ao final do libro recollo unha bibliografía para quen queira afondar". Como investigador, ten claro Valcárcel que Ourense lle achegou moito a Galiza en canto a "construción da identidade cultural".

Hoxe acompañarán o autor, na presentación do libro, Vázquez-Monxardín -un dos organizadores da homenaxe-, o editor, Manuel Bragado, e o alcalde da cidade, Francisco Rodríguez.

O DATO

Unha cidade culta

Ourense, sinalaba onte Marcos Valcárcel, é "unha cidade culta", pero cunhas institucións "que non sempre están á altura. Aínda non temos un museo no que estean presentes todos os nosos artistas, escritores...", conclúe .

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS