Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Lunes 22.12.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Gente y comunicación| sociedad@elcorreogallego.es

Os veciños de 'Libro de familia' intentarán hoxe cambiar a Elías

02.11.2008  O espazo da canle autonómica 'Galicia, cruce de miradas' contará esta noite con Marta Larralde como cicerone por Vigo // 'Trazos', obra do director coruñés Simón Casal, poderá verse en 'Onda curta', na Galega

1.7/5 [13 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN • SANTIAGO REDACCIÓN • SANTIAGO PEPE CAMACHO • MADRID

A presenza e actitude de Maribel en Santalla violenta a todo o mundo e Marcos toma unha determinación para poñer a Laura contra as cordas, pero a intrigante muller garda un ás na manga que pode comprometer a Laura, nunha nova entrega de Libro de familia, esta noite na Galega.

Amais, os fregueses queren que Elías cambie de hábitos e sexa máis limpo, sobre todo co seu taxi, así que organizan un espectáculo para intentar convencelo de que cambie nese tema.

En Galicia, cruce de miradas, a actriz Marta Larralde, unha das promesas firmes do cine español, será o personaxe que faga esta semana de cicerone, en concreto pola cidade de Vigo, e quen guiará o presentador, Antón Reixa, polos camiños dos seus recordos e anécdotas máis queridas. Doutra parte, entrando na sección do programa Guía secreta, o fotógrafo Xurxo Lobato pregúntase sobre cal é o segredo da tortilla, ao que intentará responder percorrendo toda unha ruta gastronómica en restaurantes como O'Bo, El Manjar, Casa Alfredo ou Casa Tomé.

Nos aspectos antropolóxicos do espazo aos que remite a sección O labirinto dos trasnos, Felipe Senén chega esta semana a Meira, onde visitará a súa colexiata e os dous nacementos do Miño, o Pedregal de Irimia e Fonmiñá, para rematar na carballeira de Outeiro de Rei, onde se xuntan o río Miño e o Ladra.

Onda curta, o programa de Televisión de Galicia que cada domingo pretende dar a coñecer as novas promesas do audiovisual galego, emite este domingo a curtametraxe Trazos, dirixida polo coruñés Simón Casal, de quen xa se puidera ver no programa a súa anterior curta Panta Rei. Trazos é unha historia que nos conta dun xeito orixinal diversos retallos da relación entre os personaxes interpretados polo actor de Guitiriz, Xosé Barato, e a ourensá Ruth Sabucedo. U­nha historia de amor rodada entre Sada e a cidade do Porto que fala das casualidades e do destino. O programa estivo tamén presente na V edición do Festival de Curtas Curtocircuíto, que se desenvolveu durante a semana pasada en Santiago e que se consolida ano tras ano como un dos festivais importantes do Estado. Os espectadores terán ocasión de ver fragmentos das curtas gañadoras e de coñecer a algúns dos directores premiados.

Por último, a música terá o seu lugar grazas á emisión do vídeo musical Cantos de serea, de Magín Blanco e Burgas Beat.

!

Manuel Forcadela, en 'Libro aberto'

Esta semana visita o espazo Libro aberto o escritor Manuel Forcadela, para falar do seu último libro de poemas, Música de cinza, e farao no improvisado estudio de gravación do Conservatorio profesional de Santiago, ocasión aproveitada para tratar un tema eterno como é a relación entre música e literatura .

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS