Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Martes 17.06.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Gente y comunicación| sociedad@elcorreogallego.es

concentracións o vindeiro luns

Vicepresidencia condena o caso de violencia de xénero ocorrido en Portas

20.12.2008 

2.7/5 [6 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

A Vicepresidencia da Xunta de Galicia mostra a súa máis enérxica repulsa polo caso de violencia de xénero ocorrido en Portas, no que resultou morta unha muller esganada polo seu home. A Vicepresidencia da Xunta sigue puntualmente o suceso e xa se puxo a disposición da Delegación do Goberno para ofrecerlle o apoio psicolóxico e de tipo social que poida precisar a familia da vítima.

A violencia contra as mulleres constitúe unha lacra moi complexa que deriva nunha das máis graves e intolerables violacións dos dereitos humanos; por iso, dende a Vicepresidencia remárcase o compromiso na loita contra esta violencia e a busca de medios e alternativas que permitan ás mulleres galegas o exercicio dos seus dereitos como cidadás nun estado democrático.

Dende a Secretaría Xeral da Igualdade pretende trasladarse a mensaxe clara e rotunda do mantemento dunha belixerancia activa contra a violencia de xénero para o que se están a desenvolver día a día medidas dirixidas a apoiar ás mulleres que en Galiza se atopan nesta situación.

Concentracións
Para mostrar a súa repulsa por este suceso, a Vicepresidencia convocou para o luns –ás 12,00 h– concentracións públicas de repulsa e en solidariedade coa vítima, tanto na sede central en San Caetano –na entrada da Vicepresidencia– como nas catro delegacións provinciais. O departamento autonómico tamén se suma a todas aquelas mostras de repulsa que convoquen as organizacións cidadás.

A estes actos están convocados os traballadores e traballadoras da Xunta e todos os cidadáns que se queiran sumar á iniciativa. Con estas concentracións, a Vicepresidencia –a través da Secretaría Xeral da Igualdade– quere amosar a súa condena pola nova morte violenta dunha muller, así como a súa repulsa ante calquera acto de violencia machista.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS