Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Lunes 22.12.2008      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Gente y comunicación| sociedad@elcorreogallego.es

outra perspectiva

Victorino Pérez: "Outra Igrexa católica é posible e necesaria"

07.03.2010  Crego desde 1981, casou hai catro anos, mais segue o seu labor na comunidade Home Novo // Di que "sigo a ser cura", e asegura que o seu bispo, o de Mondoñedo-Ferrol, está ao tanto da súa situación

3.0/5 [4 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

ALBERTO MARTÍNEZ • A CORUÑA

O crego y teólogo Victorino Pérez Prieto detrás dunha foto na que se atopa con Manuel Espiña
O crego y teólogo Victorino Pérez Prieto detrás dunha foto na que se atopa con Manuel Espiña

Manuel Espiña, moitas décadas coengo da Colexiata de Santa María da Coruña, faleceu a primeiros de mes. Sen dúbida é un referente na nova igrexa galega. O seu compromiso coa língua e cultura quedou marcado no percorrer dos anos. Foi outro xeito de facer comunidade cristiá, foi achegarse ao pobo máis necesitado. Delo falamos con Victorino Pérez Prieto, un crego tamén especial. Nado en 1954 en Hospital de Órbigo (León), no Camiño de Santiago, é doutor en Teoloxía pola Universidade Pontificia de Salamanca e licenciado en Filosofía pola de Santiago, onde exerce como profesor. Ordeado no 1981, fai catro anos casóuse –non lle gusta falar delo– pese o que concelebraba alguna eucaristía con Espiña na Colexiata. Agora segue a sua labor na comunidade católica Home Novo.

_ ¿Quén foi Manuel Espiña?

_ Para mín, un gran amigo, e un referente na igrexa galega, comprometido con ela e con Galicia. Decía que non se pode ser cristián sen ter un compromiso ca lingua e cultura onde vives.

_ ¿Estivo moito tempo de coengo?

_ Foi nomeado moi xove, pero era tan humilde que nunca aspirou a ser máis xa que seguro que chegaría a bispo; era moi amigo do cardeal Quiroga Palacios, pero o seu compromiso era ca xente sinxela, cos pobres; na vez de levar a tradicional cruz, portaba unha latinoamericana dun Cristo labrego cun sombreiro; o seu compromiso era universal.

_ ¿Época del Concilio Vaticano II?

_ Para él o Vaticano II foi fundamental, Espiña tiña unha boa formación intelectual, a obtivera no centro xesuíta de Comillas onde tamén estivo Torres Queiruga; tiña por elo unha perspectiva aberta, mirando para adiante, e repito que contaba co apoio e a amizade de outra persoa que aínda que era algo tradicional no fondo era galeguista, o cardeal Fernando Quiroga Palacios.

_ ¿É certo que propuso unha diócese con sede na cidade herculina?

_ Sí, pero non no sentido de intención localista como leín nalgún xornal estos días, senon como xeito de mellor administración eclesiástica; non é loxico unha soa diocése dende a ría de Ferrol atá a de Pontevedra xa que é imposible atendela ben.

_ ¿Foi que puxo en macha a celebración da liturxia en galego?

_ Ben, hai que precisar que o padre Seixas en Vigo foi o primeiro en misar en galego, máis Espiña o fixo de xeito continuado na Colexiata de Santa María da Coruña, e ademáis foi o impulsor da publicación dos primeiros Evanxelios, o que lle foi recoñecido co Pedrón de Ouro. Nas suas actuacions eu penso que pesaba moito a permisividade do cardeal Quiroga Palacios, confesor de Cuevillas, amigo de Pedraio e de Risco, os da xeración Nós, xa que daquela o 80% da xente falaba galego cando estaba prohibido, pero é que a metade da que o facía non coñecía o español.

_ ¿Máis tarde tivo problemas?

_ Así foi, sobre todo co bispo Temiño de Ourense, cos arzobispos Suquía e Rouco, e nos últimos anos do franquismo; por unha homilía contra a inxustiza, porque lle molestaba ver como se aplastaba os humildes, o multaron 150.000 pesetas cando él gañaba 2.000 o mes; por iso sempre foi moi querido na Coruña.

_ ¿E vostede o coñeceu ben?

_ É certo, é fai un tempo propuxo a comunidade Home Novo que me aceptaran, o fixeron, e todos están encantados.

_ ¿Pese a súa peculiaridade de ser un crego que está casado?

_ No 1981 me ordenei, e fai catro anos me casei, pero sigo a ser cura, eso sí sin ter a responsabilidade dunha parroquía. O meu bispo [Mondoñedo-Ferrol] está ao tanto, pero o meu caso non debería propiciar controversia social, xa que hai miles de cregos casados en todo o mundo.

_ ¿Ceicáis a Igrexia católica estáse a alonxarse da sociedade?

_ Non é cuestión de ir contra o oficial, vivimos a mesma fe, máis pensamos que outra Igrexia Católica é posible e necesaria.

_ ¿Segue a misar nos templos?

_ O 1 de xaneiro foi a última vez con Manuel Espiña, agora os integrantes da comunidade Home Novo o facemos nun local que chámase o Centro Xoán XXIII, un nome significativo, ¿non?

n amartinez@elcorreogallego.es

 

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS