Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Lunes 08.03.2010      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Gente y comunicación| sociedad@elcorreogallego.es

certame radio obradoiro

Vou Trío marcou a diferencia

23.01.2010  O grupo compostelán integrado por acordeón, saxo e batería fixo un folk distintivo que levou ó xurado a darlle o premio de 1.500 euros en metálico // Enorme nivel musical nesta gala da décima edición que se celebrou nun Teatro Principal ateigado de público

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

REDACCIÓN • SANTIAGO

O trío compostelán Vou Trío, os gañadores do certamen de onte
O trío compostelán Vou Trío, os gañadores do certamen de onte

O premio quedouse na casa. Tras unha votación enormemenre reñida tal e como é habitual, o grupo compostelán Vou Trío, de Santiago alzouse onte no Teatro Principal de Santiago coa vitoria na gala final do X Certame Folk Radio Obradoiro, que lles deu un premio en metálico de 1.500 euros, no concurso organizado conxuntamente polo Grupo Correo Gallego e pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo de Benestar.

Ante un aforo ateigado de público, o acto foi conducido por Paulo Gacio -director e presentador do programa radiofónico En clave de folk, da emisora compostelá- e Sandra Romero, os vencedores interpretaron tres temas basados nunha nova concepción do folk e obtiveron o fallo favorable do xurado que estivo integrado polo crítico musical Óscar Losada; Patricia Hermida, da productora Maré; Ramón Feáns, integrante de Ophiusa; Roi Casal, antigo arpista de Milladoiro e Patricia López, membro de Coanhadeira, gañador da pasada edición.

Como é habitual, a final estivo moi reñida pola enorme calidade dos catro grupos seleccionados, que fixeron gala dun directo distinto Atamais, de Verín; cunha fusión de outras musicas; Keympa, de Barcelona; cunha posta en escea extraordinaria que levantou moitísimos aplausos entre o público; a Patriband Folk Orllestra de Asturias, que tamén aportou o seu concepto do folk e, por suposto os Vou Trío de Santiago cun inusual terceto de acordeón, batería e saxo que reventaron o Teatro Principal cos aplausos. Máis que en ningunha outra ocasión, o certame abriuse a fora de Galicia o que, dalgún xeito, mostra a súa definitiva consolidación como referencia do folk no noroeste peninsular.

Neste sentido, Paulo Gacio, un dos principais artífices dixo que este certame que chega a súa décima edición, responde a un proxecto que se marcou como obxectivo hai unha década apostar pola música de raíz.

Gacio agradeceu, en nome da organización os apoios que recibeo o certame nesta edición. Cito, neste sentido, á Dirección Xeral de Difusión da Cultura, o Concello de Santiago, a xa citada Dirección xeral de Xuventude, coorganizadora do certame, e firmas comerciais como Estrella Galicia, Amboa Cerámica, Pazo Valdoviño, Café Agarimo, Área Central, Dona Dana, El Centro Británico y Pickin'pack.

 

TELEVISADA

A gala, o luns íntegra en Correo TV

O certame naceu do programa En clave de folk que se sigue a emitir máis dunha década despois da mán de Paulo Gacio. A gala de onte tal como ven sendo habitual nas últimas edicións será emitido verse o luns por Correo TV, a cadea do Grupo Correo Gallego que onte gravou íntegro o concurso musical, nun programa especial con entrevistas ós grupos e que recollerá todas as actuacións e o momento das votacións. .

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS