Lunes 22.12.2008
Hemeroteca web
|
RSS
A banda xaponesa de rock Mono inaugurará unha nova edición da extensión do Festival Sinsal en Santiago co concerto que ofrecerá no Salón Teatro mañá xoves 11 de marzo, a partir das 22.00 horas, despois de esgotar en apenas dous días todas as entradas dispoñibles para a venda anticipada. A actuación do cuarteto -inserida dentro da xira internacional de presentación do seu quinto e último traballo discográfico, Hymn To The Inmortal Wind- estará precedida da de Joe McPhee Chris Corsano como artistas convidados. Saxofonista e percusionista, respectivamente, estes dous músicos asinan unha das colaboracións máis aplaudidas do free-jazz contemporáneo.
As últimas entradas reservadas para a venda no despacho de billetes do Salón Teatro poderán adquirirse o mesmo xoves a partir das 20 horas, establecéndose un límite máximo de dúas localidades por persoa. O seu prezo é de 10 euros, cun desconto do 40% para estudantes, xubilados, usuarios do carné xoven e desempregados.
