Lunes 22.12.2008
Hemeroteca web
|
RSS
Gente y comunicación » Libros
En A espiral no espello. 'Bretaña, Esmeraldina' e o sistema literario galego, o profesor e escritor coruñés Anxo Angueira (Manselle, 1961), reclama para a novela do poeta, narrador e desde o día 23 do pasado mes de xaneiro, flamante presidente da Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín (Ourense, 1938), unha posición privilexiada non só dentro da evolución creativa e vital do escritor ourensán, senón tamén no ámbito do pensamento político estruturado ao redor da defensa da autonomía de Galicia e o independentismo político. Este ensaio, ademais, proporciona unha das aproximacións filolóxicas máis rigorosas a esta novela de Méndez Ferrín, Bretaña, Esmeraldina (1987), que xa no seu momento recibiu o Premio da Crítica Galicia pola súa calidade e representatividade, e que xerou non poucas reflexións eruditas de carácter ideolóxico e identitario. A pesar diso, Anxo Angueira non se limita a facer unha relectura interpretativa dun texto sempre suxestivo polo contexto carcerario de Tagen Ata e Bretaña, senón que é capaz de analizar os distintos niveis creativos que o estruturan, así como de desenvolver todo o proceso de caracterización que se desenvolve ao longo desta espiral narrativa. / José Manuel Estévez-Saá
